O CONCELLO ABORDA COS VECIÑOS DE TABEIRÓS E NIGOI ASACOMETIDAS PARA O DESDOBRE DA TRAÍDA DE AGUA DO UMIA

 Habitantes destas dúas parroquias están convocados para formalizar os
compromisos de conexión á nova rede de abastecemento.
 En Tabeirós están citados para os días 5 e 6 de xuño (xoves e venres) e en
Nigoi, para o luns 10.
 Os veciños pagarán a mesma contía polo enganche, asumindo as obras
no interior das súas propiedades. O Concello executará os traballos no
dominio público.

 

O primeiro desdobre da traída de agua do río Umia, a
rede de abastecemento ao casco urbano da A Estrada, abre unha nova fase. A rede
troncal está rematada e chega o momento de executar as acometidas. Para iso, o
Concello da Estrada cita a os veciños das parroquias de Tabeirós e Nigoi, as mesmas que
se beneficiarán do primeiro ramal desta rede no ámbito rural, a xornadas informativas
que arrancarán esta mesma semana.
As primeiras convocatorias serán la casa escola de Tabeirós, os días 5 e 6 xe xuño (xoves
e venres), en horario de 09.00 a 14.00. En Nigoi, os veciños están convocados para o luns
día 9, tamén na casa escola. A estas reunións están chamados os veciños que fixeron no
seu momento a correspondente solicitude de enganche a esta traída, de maneira que se
poida corroborar se formalizarán esta conexión á nova rede de abastecemento, sobre a
que se lle facilitarán todos os detalles.
Aínda que o Concello da Estrada pediu, nun primeiro momento, un listado dos
particulares interesados en servirse desta traída, o que se busca coas reunións que agora
se programan é efectuar un rexistro definitivo dos enganches, formalizando o
compromiso de conexión.
“É o primeiro paso para elaborar o proxecto definitivo e realizar as obras aproveitando
os meses de verán”, sinalou o alcalde, Gonzalo Louzao. Indicou que será o Concello o que
execute as obras necesarias para a fase das acometidas no dominio público. Neste
senso, o orzamento municipal para este 2025 reservou fondos necesarios para blindar a

execución destes traballos. Despois das reunións programadas nestas dúas parroquias
coñecerase o número exacto de acometidas que é preciso realizar, dato que arroxará a
valoración definitiva da obra.
Dende o goberno explícase que a taxa da conexión será exactamente igual para todos os
usuarios, con independencia dos metros de obra que sexa preciso realizar para levar a
traída ata as súas propiedades. Outra cousa serán as obras que os veciños teñan que
efectuar xa no interior da súa propiedade, que correrán pola súa conta.
Esta traída toma a auga dende o río Umia para servila aos fogares estradenses dende o
ano 2011. Tabeirós e Nigoi serán as dúas primeiras parroquias en beneficiarse desta rede
que atravesa a canalización. Foron meses de obras e máis de 800.000 euros de
investimento para practicar a ramificación dende a rede principal. Agora ábrese unha
nova etapa coas acometidas, despois da que chegará a revisión da rede viaria e o seu
arranxo nos lugares que tiveron e teñen que convivir coas obras.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.