O CONCELLO INICIA UNHA MELLORA DOS FAROIS ORNAMENTAIS DECATRO CÉNTRICAS RÚAS DO CASCO URBANO DA ESTRADA

 Actuará nos elementos singulares que se conservaron na reforma e
peonalización das rúas Ulla e Calvo Sotelo, aplicando unha
restauración e fixando as dúas partes para evitar que xiren.
 Na travesía que une Irmáns Valladares con Manuel García Barros
tamén se actuará incrementando a potencia dos puntos de luz.
 En Justo Martínez melloraranse os farois do tramo que desemboca na
Praza da Constitución.

O Concello da Estrada ten pechada unha
inminente mellora nos farois ornamentais de catro céntricas rúas do casco estradense,
unha iniciativa que o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, centrou hoxe na aposta polo
mantemento do mobiliario urbano como liña de acción imprescindible para a
conservación do espazo urbano.
A intervención realizarase en todos os farois do paseo peonil que conforman as rúas Ulla
e Calvo Sotelo, unindo a Porta do Sol coa Praza de Galicia. O alcalde puxo o acento en
que estes elementos, cunha estética que singulariza e identifica o espazo no que se
enclavan, foron conservados durante as obras de reforma e peonalización destas dúas
rúas, que pronto se colmatará coa remodelación e peche ao tráfico do entorno ao que os
estradenses lle conceden o nome oficioso de Praza da Farola.
“Imos reformalas, a fixar os dous eixos, a parte superior e o pé do farol para que non se
produzan xiros dos distintos elementos”, detallou o rexedor, que engadiu que estes
traballos se acompañarán de obras de conservación, tanto de lixado como de pintado,
para facer unha restauración e posta a punto deste mobiliario.
As actuacións chegarán tamén á Rúa Justo Martínez, concretamente no treito
comprendido entre Calvo Sotelo e a Praza da Constitución. Neste tramo farase tamén un
traballo de restauración dos distintos elementos existentes.
Por outro lado, tomando como referencia o modelo de intervención aplicado cos farois
da Praza da Inmaculada, co que se restauraron os pés e se incorporaron novos báculos
ornamentais cunha maior potencia lumínica, contémplase a substitución da parte

superior dos seis puntos de luz existentes na travesía que conecta as rúas Irmáns
Valladares e Manuel García Barros, ademais da restauración dos propios pés.
Praza da Inmaculada
O pasado mes de xuño o Concello efectuou xa cambios na iluminación da Praza da
Inmaculada e o seu entorno, intervención consistente na renovación dos deteriorados
puntos de luz para atender as peticións da cidadanía de que a zona tivese unha maior
intensidade lumínica. A medida afectou a todas as luminarias da praza, continuando
polos puntos de luz ancorados na zona de vivendas máis próxima ao templo parroquial
de San Paio, así como nas dúas marxes da rúa que limita coa urbanización de vivendas
unifamiliares e que arranca no cruce coa Rúa Catro Camiños.
Neste caso buscáronse farois que armonizasen coa contorna e o patrimonio existente.
Instaláronse bombillas led para mellorar, asemade, a eficiencia enerxética

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.