OS PARTICIPANTES NO CURSO DE GALEGO PARA MIGRANTESPRACTICAN NO CONCELLO SIMULANDO TRÁMITES ADMINISTRATIVOS

 Son en total 16 estudantes de lingua e cultura galegas procedentes de
puntos como Estados Unidos, México, Colombia, Venezuela, Alemaña,
Murcia ou Cataluña.
 O Concello impulsa esta formación da man da Secretaría Xeral da
Lingua.
 Simulan trámites como presentar unha instancia por rexistro, pedir un
volante de empadroamento, inscribir un can no rexistro de animais
potencialmente perigosos ou mercar entradas na billeteira do Principal.

– Un grupo de 15 persoas participantes no curso de
introdución á lingua e cultura galegas convocado polo Concello da Estrada, a través da
Secretaría Xeral da Lingua, desprazouse esta mañá ata o consistorio para realizar unha
inmersión lingüística en procesos administrativos. Este curso está dirixido a persoas
migrantes e procedentes doutras comunidades lingüísticas, que deron mostra nestas
sesións prácticas do proveito obtido nas aulas.
Este alumnado comezou a súa formación o pasado 13 de outubro. Son en total 16
estudantes de lingua e cultura galega procedentes de puntos como Estados Unidos,
México, Colombia, Venezuela, Alemaña, Murcia ou Cataluña. O rango de idades é tamén
amplo, con estudantes de pouco máis de 20 a varios que superan os 65.
Nas sesións prácticas desta mañá o grupo enfrontou trámites cotiáns do máis variado. A
algúns deles toucoulle solicitar un volante de empadroamento, presentar unha instancia
no Rexistro municipal, informarse sobre os trámites para un casamento civil, solicitar
orientación laboral no departamento municipal de Emprego; pedir información sobras
as viaxes do IMSERSO ou inscribir un vehículo usado no Mercadiño da emisora municipal
Radio Estrada.
Despois de visitar a sede da administración estradense, o grupo desprazouse ata outras
instalacións municipais, caso do Teatro Principal, onde se simulou a venda de entradas
na billeteira. De seguido, houbo tamén tempo para realizar unha demostración dos
coñecementos de galego para ensaiar unha compra no comercio local.
As sesións prácticas deste curso veñen impartíndose na aula Cemit do Concello .As
sesións realízanse de luns a mércores en horario de 16.00 a 18.00 horas.Ao remate do
curso, o alumnado recibirá un diploma acreditativo.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.