A ESTRADA PON EN MARCHA UN NOVO PROGRAMA INTEGRADO DEEMPREGO, TRAS ACADAR O ANO PASADO UNHA INSERCIÓN DO 100%

 Esta ferramenta será compartido cos concellos de Cuntis, Moraña,
Caldas de Reis, Portas e Barro.
 Estará dotado con 100 prazas e os interesados poden inscribirse xa no
departamento de Emprego e Orientación Laboral do Concello.
 Arranca o 15 de decembro e combina formación con prácticas en
empresas, un modelo que na última edición garantiu a incorporación de
todos os participantes no mercado laboral.

O Concello da Estrada pon en marcha, xunto cos
concellos de Cuntis, Moraña, Caldas de Reis, Portas e Barro, un novo Programa Integrado
de Emprego (PIE), despois de pechar a última edición cunha inserción laboral do 100%.
Os interesados en participar na convocatoria deste ano poden xa inscribirse a través do
servizo municipal de Emprego e Orientación Laboral, situado no primeiro andar do
consistorio.
O programa busca mellorar a ocupabilidade e a inserción no mercado laboral para
persoas que se atopan en situación de desemprego. Desta volta, o plan que impulsan
estes catro concellos está especificamente dirixido a maiores de 52 anos, menores de
30, mulleres de calquera idade, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión
social.
Dende hoxe mesmo quedou aberto o período de inscrición, tendo en conta que o
programa bota a andar o vindeiro 15 de decembro, chegando ao 14 de outubro de 2026.
De novo serán 100 os participantes destes catro concellos que poidan sumarse á
experiencia, se ben nas oficinas de emprego constátase un elevado número de persoas
da Estrada interesadas en participar no programa.
A que recibirán todos os asistentes será unha formación transversal, común a diversas
ocupacións. É o caso de materias como a prevención de riscos laborais ou ensinanzas de
carreteiro. Deste xeito, os contidos formativos serán os orientados a oficios nos que
actualmente se detecta unha elevada demanda de traballadores: electricidade,
fontanería, xardinería, soldadura, almacén, charcutaría ou peixaría, entre outros.

As horas de formación impartiranse entre A Estrada e Cuntis. As persoas participantes
terán unha bolsa de 10 euros ao día por asistencia e entregaráselles unha tablet. O
Programa Integrado de Emprego combina a formación coa experiencia práctica en
empresas, tendo en conta que o principal obxectivo deste plan é conseguir á inserción
laboral da totalidade dos participantes.
Esta fórmula fixo que o pasado ano todos aqueles que se incorporaron en prácticas a
distintas empresas puidesen atopar un contrato de traballo nestas mesmas firmas.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.