O ESTRADENSE ALFONSO SANMARTÍN CARBÓN RECIBIRÁ O PREMIOPOLA SÚA TRAXECTORIA NA GALA DO DEPORTE DO 22 DE DECEMBRO

 Os integrantes do xurado validaron este luns as candidaturas de
deportistas e entidades que recibirán un recoñecemento público na gran
festa do deporte local.
 Sanmartín estivo máis de 36 anos vencellado ao baloncesto.
 As entradas para a gala estarán dispoñibles para o público en xeral
dende o 9 de decembro. Son gratuítas pero deben ser retiradas no
departamento de Deportes, logo da asignación aos clubs.

O estradense Alfonso Sanmartín Carbón recibirá, o
vindeiro 22 de decembro, un premio á súa traxectoria deportiva no marco da sétima
edición da Gala do Deporte. A súa elección foi a única que transcendeu logo da reunión
mantida, na noite deste luns, polos integrantes do xurado que se conformou para
escoller ás persoas e entidades que recibirán este recoñecemento público na gran festa
do deporte local.
O xurado, integrado polo concelleiro de Deportes, Ismael Pena, o técnico municipal de A
Estrada Deporte, David Carballo, e os concelleiros Amalia Goldar, Belén López, Sindo
Villamayor e Mar Blanco, validou as candidaturas para todas as categorías e aprobou de
xeito unánime as catro mencións honoríficas para a presente edición. Tanto os
gañadores de cada sección como as mencións de honra faranse públicos no transcurso
da propia gala. Esta arrancará o 22 de decembro ás 20.00 horas, no Teatro Principal.
Houbo tamén unanimidade á hora de escoller a persoa que recibirá o Premio á
Traxectoria. Alfonso Sanmartín Carbón estivo nos últimos 36 anos moi ligado ao
baloncesto local. Despois de formar parte da directiva do CD Estradense na sección de
Baloncesto, tomou as rendas do mítico EDM, ata a recente disolución do club. Sanmartín
Carbón estivo sempre moi implicado na promoción desta práctica nas escolas
deportivas, fomentando a paixón polo baloncesto nas idades temperás.
Os candidatos das diferentes categorías son os que seguen:
● MELLOR DEPORTISTA MASCULINO 2025
NOTA DE PRENSA
CONCELLO DA ESTRADA
GABINETE DE COMUNICACIÓN comunicacion@aestrada.gal
Ana Cela Neira 669 645 345
► Javier Martínez Carracedo (automobilismo)
► Alejo “Keko” Ferreiro (surf)
► Samuel Tato (judo)
● MELLOR DEPORTISTA FEMININA 2025
► Iziar Barcala (bádminton)
► Arauia Al Bachere (atletismo)
► Dori Carbia (culturismo natural)
● MELLOR DEPORTISTA MASCULINO BASE 2025
► Darío Míguez (bádminton)
► Joel Castro Toledo (loita tradicional)
► Andrés Carballeda (salvamento)
● MELLOR DEPORTISTA FEMININA BASE 2025
► Aroa Martínez (ximnasia)
► Candela Fajardo (tenis)
► Paula Pena (salvamento)
● DEPORTISTA/CLUB REVELACIÓN 2025
► Libertad Morales (judo)
► Aya Nabaoui (karate)
► Carla Pintor (atletismo)
● MELLOR ADESTRADOR 2025
► Sofía Mosteiro (Club Ximnasia)
► Marcos Otero (Atletismo A Estrada)
► Manuel González Beceiro “Manuti” (CD Estradense)
● MELLOR CLUB 2025
► Atletismo A Estrada
NOTA DE PRENSA
CONCELLO DA ESTRADA
GABINETE DE COMUNICACIÓN comunicacion@aestrada.gal
Ana Cela Neira 669 645 345
► Club Tenis Recreo Cultural
► CNS A Estrada
● MELLOR EQUIPO 2025
► CD Estradense
► Club Tenis RC Absoluto Feminino A
► Club Bádminton A Estrada
● MELLOR EVENTO DEPORTIVO 2025
► VIII Campionato Infantil de Judo (Judo Club Base)
► XXI Trofeo Baile Deportivo (CBD Sondodance)
► XIV Raid Hípico Festa do Salmón (Socade)
● ENTIDADE DE APOIO AO DEPORTE
► Sometal SLU
► Start Motor
► Restaurante Rio Liñares
● MENCIÓNS DE HONRA: Son catro, xa aprobadas de xeito unánime.
● PREMIO TRAXECTORIA: Alfonso Sanmartín Carbón
A entrada á Gala do Deporte será de balde pero, por motivos de aforo, é necesario
retirar o convite no departamento de Deportes, situado no cuarto andar no Concello. As
entradas para o público en xeral estarán dispoñibles a partir do martes dia 9 de
decembro, despois da asignación das mesmas os clubs e deportistas.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.