“Co traslado que se está facendo á zona da Baiuca quedan en desuso
estas dúas edificacións e están en perfecto estado de conservación”,
sinalou o alcalde.
Gonzalo Louzao precisou que a reversión que se solicita á Xunta en
favor do Concello sería con carácter gratuíto.
Recoñece o mandatario que un dos servizos que poderían ter encaixe
provisional nestas dependencias sería a unidade de Atención Temperá,
mentres non se constrúa o novo edificio de Servizos Sociais.
O alcalde estradense, Gonzalo Louzao Dono,
confirmou que o Concello da Estrada formalizou ante a Dirección Xeral de Xustiza, da
Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, o interese de que revertan ao patrimonio
público municipal as dúas edificacións que ata o de agora son sede das dúas salas do
partido xudicial estradense, unha vez se teña completado o traslado destas ao novo
edificio xudicial da Baiuca.
“Co traslado que se está facendo á zona da Baiuca quedan en desuso estas dúas
edificacións e están en perfecto estado de conservación”, sinalou o xefe do executivo
local. Contrapuxo este estado ao que presenta, por exemplo, o inmoble do antigo centro
de saúde, unha reversión que tamén solicitou o Concello pero que, atendendo ao
resultado das últimas negociacións, suporía un importante desembolso por parte das
arcas municipais.
O edificio do xulgado de Primeira Instancia e Instrución Número 1 atópase na Avenida
Benito Vigo e é de titularidade autonómica. No tocante á sede do Número 2, nesta
mesma autovía, foi equipada pola Xunta de Galicia, se ben o inmoble pertence ao
Concello, que cedeu o seu uso anos atrás á consellería aos efectos de aloxar
provisionalmente esta segunda sala xudicial, namentres se avanzaba cara a consecución
dun edificio que reunise os dous órganos.
“As dúas sedes serían de interese para determinados servizos municipais que xa temos
ou que podamos ter no futuro”, sinalou Louzao, que non ocultou que unha das
necesidades máis urxentes sería aloxar o servizo de Atención Temperá.
NOTA DE PRENSA
CONCELLO DA ESTRADA
GABINETE DE COMUNICACIÓN comunicacion@aestrada.gal
Ana Cela Neira 669 645 345
Esta unidade atópase actualmente nunhas instalacións de titularidade privada,
concretamente nun piso alugado na Avenida Benito Vigo, moi preto do Xulgado Número
1. “Coa súa ampliación de horario precisa ter dependencias máis amplas”, sinalou o
rexedor. “Somos conscientes de que o novo edificio dos Servizos Sociais, que
financiaremos con fondos europeos, vai tardar un tempo en construírse no solar do
antigo INEM e, igual, un destes xulgados podería acoller de xeito transitorio esta unidade
mentres se constrúe a nova casa dos Servizos Sociais”, engadiu.
“Parécenos moi interesante que estes edificios en perfecto estado de conservación
pasen ao patrimonio público municipal e que, tendo estas instalacións ben conservadas,
resulta oportuno que poidan ofrecer un novo servizo público á cidadanía”, apuntou o
alcalde da Estrada. O mandatario engadiu que a consellería está realizando os trámites
para que “o antes posible” estas dependencias poidan ser confiadas ao Concello da
Estrada “de forma gratuíta”







































