A RÚA 56 PECHARASE AO TRÁFICO O XOVES POR ESPAZO DE DÚASSEMANAS, NO MARCO DAS OBRAS DE REFORMA DA PRAZA DE GALICIA

 Realizarase un fresado integral do seu pavimento e aplicarase un
formigón de limpeza. Despois abrirase ao paso de vehículos ata despois
do Nadal.
 No entorno da praza quedará só aberta a circulación por Pérez Viondi
para enlazar coa Avenida de América.
 Tamén dende este xoves, a parada de taxis trasládase á Praza de Galicia,
fronte ao Banco Santander, e a parada de autobús móvese á Praza da
Constitución.
 O tráfico volverá para as festas, ata que as obras cheguen á Praza de
Galicia despois de Reis

As obras de reforma da Praza de Galicia e a súa
contorna continúan avanzando estes días a bo ritmo, concentradas no entorno máis
inmediato do espazo que se bautiza popularmente como A Farola. Deixando esta
améndoa central para despois das festas do Nadal e contemplando o paro vacacional do
sector da construción a consecuencia das mesmas, o Concello anuncia hoxe que dende
este xoves quedará cortada ao tráfico rodado a Rúa 56, por espazo aproximado de dúas
semanas.
Dende o 4 de decembro, a Rúa 56 súmase, pois, ao peche da Rúa San Paio, de maneira
que a única circulación permitida no entorno máis próximo á Praza de Galicia será a que
empregue a Rúa Pérez Viondi para despois acceder á Avenida de América.
O alcalde, Gonzalo Louzao, explicou hoxe que a Rúa 56 estará cortada para poder
realizar unha obra de fresado integral do seu asfalto. De seguido, aplicarase un formigón
de limpeza, reabríndose ao tráfico para que se poida circular por ela durante o Nadal,
antes de que se coloque o novo pavimento.
“Estase traballando na Rúa Don Nicolás, con ese primeiro treito case rematado, e
continuarán cara a igrexa parroquial de San Paio. Tamén se está rematando a
pavimentación na Rúa Marqués de la Vega de Armijo e nas vindeiras semanas as obras
concentraranse no entronque entre a Rúa 56 e a Rúa San Paio”, explicou o rexedor. De

seguido, sinalou que se respectará a xornada feiral de mañá mércores, pero dende
primeira hora do xoves chegarán as máquinas de fresado e pecharase a Rúa 56. “Despois
de botar o formigón de limpeza poderase pasar ata que comece a colocarse a pedra”,
precisou.
“Entendemos que facer obras sempre ten estas consecuencias e molestias. Para a parte
comercial non van ser gravosas, porque non se afectará ás beirarrúas, pero é certo que
para a circulación vanse afectar moitos costumes que temos”, asumiu Louzao Dono.
Travesía da Igrexa
Haberá tamén cortes na Travesía da Igrexa, que conecta coa zona do Cruceiro, e a
situación traerá consigo cambios na parada de taxis e no servizo de autobús que cobre a
liña A Estrada-Santiago.
A parada de taxis trasladarase fronte ao Banco Santander, na propia Praza de Galicia,
dende a mañá do xoves e a parada de autobús da Praza de Galicia pasa á Praza da
Constitución, a carón do consistorio.
“Dixemos que non queriamos afectar á Praza de Galicia durante o Nadal porque é unha
arteira comercial moi importante e tamén escenario da programación que se presentará
estes días”, apuntou Louzao. Despois de Reis os traballos chegarán xa de cheo a este
céntrico e neurálxico enclave da capital estradense.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.