A ESTRADA LIDERA AS AXUDAS PARA A MELLORA DE LOCAIS SOCIAISNO RURAL, QUE ATRAEN UN INVESTIMENTO PRÓXIMO A 700.000 EUROS

 O Plan de Acción Comunitaria da Deputación resolve favorablemente
as 48 subvencións solicitadas por asociacións veciñais e de mulleres
rurais que axudou a tramitar o Concello.
 A media das axudas é de 10.000 euros para acondicionamento de
múltiples locais, totalizando 480.000 de achega provincial.
 A elas súmanse outras 19 subvencións do programa da Xunta, cunha
media de 12.000 euros por entidade.
 O alcalde reúnese cos representantes dos colectivos para explicar o
proceso de execución e xustificación, ademais de animar a cursar
solicitude para as convocatorias de 2026.

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, mantivo este
luns unha reunión con representantes de diferentes asociacións de veciños e de
mulleres rurais da Estrada para abordar o proceso de execución e xustificación de obras
nos seus locais sociais, ao abeiro do Plan de Acción Comunitaria que vén de resolver a
Deputación de Pontevedra e que suporá o investimento de 480.000 euros no rural
estradense. A esta contía hai que engadir os fondos procedentes da liña de axudas que,
para esta mesa finalidade, ten a Xunta de Galicia. Isto fai que estas infraestruturas das
parroquias atraeran un investimento próximo aos 700.000 euros.
O rexedor lembrou que o Concello da Estrada respaldou ás asociacións en todo o
proceso de tramitación das axudas a través dos seus departamentos de Urbanismo e
Subvencións. Ademais de orientalos e acompañalos no trámite de solicitude, dende a
administración municipal asumiuse a elaboración das memorias técnicas para que os
colectivos non tivesen que afrontar gastos. “Falamos de que é investimento para os
locais sociais, que é onde se reúnen os veciños e se fan actividades, sendo espazos
indispensables para a vida pública das nosas parroquias”, argumentou Louzao Dono.
“O ano pasado presumiamos de que, coa colaboración do Concello e as directivas,
conseguimos que A Estrada fose, o municipio con máis capital investido nestes

colectivos veciñais. Daquela foron 30 subvencións; este ano presentáronse 48
solicitudes e foron 48 as resoltas favorablemente”, informou o xefe do executivo local.
“O obxectivo que nos marcamos foi que neste 2025 fora case o 100% das parroquias con
solicitude e resolución favorable. As subvencións acadadas teñen, maioritariamente,
unha achega de 10.000 euros. Polo tanto, foron 480.000 euros que van directamente
destinados aos colectivos veciñais e de mulleres rurais do Concello da Estrada para
mellora dos seus locais”, continuou o alcalde.
A maiores, o dirixente sinalou que no plan da Xunta foron 19 solicitudes, “que recibiron
xa a achega no verán e realizaron as obras”, cunha media de achega de 12.000 euros por
colectivo. Isto supón máis de 200.000 euros a maiores.
“Cos dous programas, practicamente todas as parroquias tiveron unha ou dúas
subvencións destinadas neste 2025 ás melloras dos locais”, manifestou Gonzalo Louzao,
que quixo felicitar publicamente ás directivas das asociacións e agradecer o traballo
realizado polos departamentos municipais que se implicaron nesta tramitación para a
mellora de instalacións que son todo un referente para actividade social no ámbito rural.
As asociacións
No Plan de Acción Comunitaria obtiveron axuda a Asociación de Veciños e Cultural A
Farrapiña de Pardemarín, Asociación de Veciños e Cultural Isaac Quenqueirades de
Callobre, Asociación de Veciños de San Pedro de Ancorados, Asociación de Veciños A
Mamua de Parada, Asociación de Veciños San Esteban de Oca, Asociación de Veciños de
Tabeirós, Asociación de Veciños O Rueiro de Couso, Asociación de Mulleres de Castro,
Asociación de Veciños de Cora, Asociación de Mulleres Rurais de Santo André de Vea,
Asociación de Veciños Novo Centro de Berres, Asociación de Veciños Amigos do Castro
de Barbude, Asociación de Veciños Santa Cristina de Vea, Asociación de Veciños de
Paradela, Asociación de Veciños Santa Apolonia de Guimarei, Asociación de Veciños A
Cruxeira de Remesar, Asociación de Veciños Nosa Señora das Dores de Toedo,
Asociación de Mulleres Rurais A Gándara de Codeseda, Asociación de Mulleres Rurais de
Vinseiro, Asociación de Veciños Santa Mariña de Barcala, Asociación de Veciños de Agar,
Asociación de Veciños Fonte do Santo de San Xurxo de Vea, Asociación de Mulleres
Rurais Os Muíños de Curantes, Asociación de Mulleres Rurais de Matalobos, Asociación
de Veciños de Arca, Asociación de Mulleres Rurais As Bugineiras de Nigoi, Asociación
Deportivo Cultural de Guimarei, Asociación de Mulleres Rurais Santa Clara de
Ancorados, Asociación de Mulleres Rurais Castro Valente de Barcala, Asociación de
Veciños San Breixo de Lamas, Asociación de Veciños de Frades, Asociación de Veciños de
Baloira, Asociación de Mulleres Rurais A Sobreira de Callobre, Asociación de Mulleres
Rurais San Xiao de Vea e Baloira, Asociación Veciñal da Terra de Guimarei, Asociación
Veciñal e Cultural A Somoza Nova, Asociación Veciñal de Liripio, Asociación da Veciñanza

do Outeiro-Moreira, Asociación Veciñal Santa Mariña de Ribeira, Asociación de Veciños
e Amigos de Ribela, Asociación de Mulleres Rurais Torre da Barreira de Riobó,
Asociación de Veciños de San Lois de Orazo, Asociación de Veciños Manuel Castiñeira de
Ouzande, Asociación de Veciños San Xoán da Cañoteira, Asociación de Mulleres Rurais
de Santeles, Asociación de Veciños de San Xorxe de Cereixo, Asociación de Veciños
Pouso-Carril e Asociación de Veciños Xuntos por Loimil.
No tocante ás axudas da Xunta, figuran Asociación de Veciños Pouso-Carril, Asociación
de veciños e veciñas de Orazo, Asociación de Mulleres Rurais A Torre da Barreira de
Riobó, Asociación de Veciños Santa Mariña de Barcala, Asociación de Veciños Santa
Apolonia de Guimarei, Mulleres Rurais Santa Clara de Ancorados, Asociación de Veciños
Cora, Mulleres Rurais Os Muíños de Curantes, Asociación da Veciñanza do OuteiroMoreira, Asociación de Veciños Santa Eulalia de Matalobos, Asociación de Veciños de
Arca, Asociación de Veciños A Farrapiña, Asociación de Veciños de Frades, Asociación de
Veciños San Campio de Rubín, Asociación de Mulleres Rurais San Miguel de Cora,
Asociación de Veciños, San Xorxe de Cereixo, Asociación Cultural de Mulleres Rurais de
San Xurxo de Vea e Aosicación de Mulleres Rurais de Paradela.
Na reunión deste luns explicouse aos colectivos que teñen agora seis meses de prazo
para executar as obras do Plan de Acción Comunitaria, tendo que estar listas o vindeiro
14 de maio. Abordouse tamén o proceso de xustificación e animouse ás asociacións a
comezar xa a traballar para solicitar as axudas correspondentes ás convocatorias de
2026, que sairán xa a comezos de ano.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.