ABREN O PRAZO DE MATRÍCULA PARA O SEMINARIO INTERNACIONALQUE A USC CELEBRARÁ NA ESTRADA OS DÍAS 17 E 18 DE ABRIL

 Estará aberta ata o vindeiro 6 de abril, nas modalidades presencial e
online que se oferta para esta acción formativa, centrada nas emocións,
educación e artes.
 Os estradenses e estudantes da USC poderán acudir de xeito gratuíto.

A concelleira estradense de Cultura, Lucía Seoane, e
o profesor Marcos Pequeno Gorís, investigador da Facultade de Ciencias da Educación e
integrante do Grupo de Investigación Terceira Xeración da Universidade de Santiago de
Compostela (USC), presentaron esta mañá o cartel do seminario internacional
“Emocións e Educación, un dereito. As artes como vínculo emocional”, que se celebrará
na Estrada os días 17 e 18 de abril. O prazo de matrícula queda xa aberto ata o vindeiro
6 de abril.
É a primeira vez que un seminario desta natureza se celebra na Estrada e, segundo
indicaron, resulta pouco habitual que estas propostas formativas saian fóra do espazo
universitario. Está especialmente orientado a profesionais e estudantes da área
educativa, social e cultural. No caso de que queden prazas libres, abriríase a proposta a
todo o público interesado.
A temática está centrada nas emocións como cerne da pedagoxía e nas artes como
ferramenta e vínculo emocional. A filosofía deste espazo e poñer o coñecemento ao
servizo das persoas. Desenvolverse en dúas modalidades: presencial (sala MOME) e
online (vía Teams).
Catro serán as liñas temáticas deste seminario: Emocións, educación e migracións;
Emocións, educación e artes; Emocións, educación e Axenda 2030 e Emocións e
educación de maiores.
No tocante aos horarios, o venres 17 de abril será de 15.30 a 20.00 horas, mentres que
o sábado haberá sesión de mañá e tarde (de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00). Para as
persoas que participen no 80% das sesións expedirase certificado de asistencia.
Seoane e Pequeno informaron de que a matrícula terá carácter gratuíto para os
estradenses, que deberán amosar o seu DNI para beneficiarse desta gratuidade. Tamén

será de balde para os estudantes da USC. Para os demais participantes, o seminario
custará 10 euros e 30 euros con envío de póster.
Para realizar a matrícula os interesados poden chamar ao teléfono do Departamento de
Cultura 986 573 601 ou empregar o seguinte formulario online:
https://docs.google.com/forms/d/e/
1FAIpQLSfEzyD_6U7U0aJYT-5E_fdUhSEwpZDYjHpXX-I4h5dX0RNAA/viewform
As persoas interesadas poden obter máis información sobre este seminario
internacional consultando a súa páxina web SEMINARIO INTERNACIONAL EMOCIÓNS E
EDUCACIÓN, UN DEREITO – GAL – TERCEIRA XERACIÓN.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.