A Estrada, destino turístico no FAM Trip Deza-Tabeirós-Terra de Montes

O consistorio estradense acolleu esta mañá a presentación dunha nova acción de promoción turística que situará A Estrada no mapa turístico internacional: o FAM Trip “Os camiños por dentro”, que se celebrará do 19 ao 21 de maio neste municipio.

Un dato clave: participarán 16 touroperadores, que visitarán o noso territorio para coñecer de primeira man os recursos turísticos e convertelos en futuras experiencias para visitantes.

Durante tres días descubrirán:
 A Ruta da Sidra e as sidrerías locais.
 O patrimonio natural e cultural da contorna.
 Tradicións únicas como a visita ao curro de Sabucedo e a Rapa das Bestas.
 Espazos emblemáticos como o Pazo de Oca.
 Un workshop con produtores e axentes turísticos da comarca.

Esta iniciativa, impulsada da man da @deputacionpontevedra, busca que profesionais do sector veñan, vexan e conten e,  sobre todo, que vendan A Estrada como destino turístico.

No acto de presentación participaron a directora de Turismo da Deputación de Pontevedra, Romina Fernández, o alcalde estradense, @gonzalolouzaodono, o concelleiro de Turismo, Óscar Rancaño, o organizador do FAM Trip, Juan Rivadulla (@simplytravel.aestrada) e unha representación do sector sidreiro estradense.

#AEstrada #Turismo #Viaxes #aestradaturismo #turismoriasbaixas

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.