CASE 1.200 DEPORTISTAS NO TORNEO DE VERÁN DE FÚTBOL SALA

Celebrarase o sábado 20 e domingo 21 de xuño no Coto Ferreiro

O pavillón Coto Ferreiro da Estrada acollerá a fin de
semana do 20 e 21 de xuño a sétima edición do Torneo de Verán de Fútbol Sala, unha
cita que foi presentada polo concelleiro de Deportes, Ismael Pena, e representantes de
UD A Estrada F.S.
Neste torneo participarán máis de 80 equipos. O sábado xogarán os deportistas das
categorías biberón, prebenxamin, benxamin, alevín e infantil e durante a xornada do
domingo tomarán o relevo as de cadete, xuvenil, senior feminino e senior masculino.
Serán en conxunto case 1200 deportistas.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.