“CASTELAO GRAFISTA. FACSÍMILE”
A Casa das Letras da Estrada inaugurará mañá, ás
12.00 horas, a exposición itinerante
Castelao Grafista. Facsímile
, producida por
Afundación Obra Social Abanca, en colaboración coa Fundación Gonzalo Torrente
Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia. A exposición saiu
á luz no marco das celebracións do Centenario da Xeración Nós (1920) e, logo de pasar
por varios municipios galegos, chega á capital estradense para enmarcarse nun 2026
que foi declarado Ano Cultural Virxinia Pereira, na honra dunha estradense que foi clave
para a conservación do legado de Castelao.
A mostra quedará instalada na Casa das Letras ata o vindeiro 1 de outubro e poderá
visitarse de xeito totalmente gratuíto. Estará dispoñible de luns a venres en horario de
09.00 a 14.30 e de 16.00 a 21.30, podendo visitarse tamén os sábados (de de 10.00 a
13.30 horas).
O percorrido inaugural contará mañá co alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, a
coordinadora da Área de Cultura de Afundación, María Teresa Cores Fernández, e o
director da oficina de Abanca na capital estradense, José Garabal, entre outros.
O caricaturista, debuxante, ilustrador, columnista, escritor, pintor, escenógrafo,
ensaísta, historiador, etnógrafo, teórico e político Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
constitúe o foco desta exposición, que reúne unha ampla selección das súas múltiples
facetas. O proxecto busca divulgar a obra dun dos creadores e ideólogos galegos máis
singulares, co obxectivo de que a poboación coñeza e goce das súas creacións e das súas
importantes achegas á nosa historia máis recente.
Castelao grafista. Facsímile
ten como comisario a Miguel Fernández-Cid. A exposición
reúne 19 facsímiles da Colección de Arte Afundación e 89 debuxos do álbum
Cousas da
vida
de Castelao (49 deles pertencen á Colección de Arte ABANCA). Ademais, conta con
obras procedentes doutras institucións, galerías e particulares. Así,os visitantes poderán
gozar de 3 retratos fotográficos, 4 caricaturas e 17 debuxos e portadas de revistas, así
como ler o texto orixinal do álbum
Nós
e contemplar 2 manuscritos de Castelao, 18
portadas das primeiras edicións dos seus libros, 3 páxinas interiores, 14 portadas de
libros ilustradas por Castelao e 3 debuxos.





































