O conservatorio de música abre o prazo de matrícula para alumnos/as do grao de iniciación, 4 a 7 anos, ata o 30 de setembro.
Da mesma forma tamén se abre o prazo para inscribirse na proba de aptitude ao 1º curso de grao elemental, ofertando prazas nas especialiades de tuba, trombón, guitarra, violonchelo e percusión, neste caso o prazo estará aberto ata o venres 4 de setembro.
Os interesados deberán pasar pola secretaría do centro en horario de mañá.
O comezo do curso para todos os niveles será o 14 de setembro.



































