O CONCELLO REFORZA A PROTECCIÓN E SEGURIDADE DOS CADROSELÉCTRICOS EXISTENTES NA ALAMEDA MUNICIPAL

 Ademais de elevar a impermeabilización e o carácter estanco dos novos
elementos, só poden ser abertos cunha chave especial, reducindo o risco
de manipulación externa.
 Minorouse o impacto estético dos tres puntos con motivos acordes ao
espazo no que se emprazan.

O Concello da Estrada vén de completar unha
actuación de mellora da seguridade nos cadros de luz existentes na alameda municipal,
unha intervención que estes días chamou a atención de algúns usuarios do parque pola
nova estética conferida a estes elementos.
O concelleiro de Servizos Municipais, Óscar Durán, explicou que o fin último desta
iniciativa é elevar a protección, garantindo que os cadros sexan completamente
estancos e inaccesibles para usuarios externos. Neste senso, indicou que agora só poden
ser abertos cunha chave especial de seguridade, de tal maneira que unicamente ten
acceso a estes elementos o persoal técnico do Concello, o que suprime o risco de
manipulación por persoas alleas ao servizo.
Durán sinalou tamén que a mellora supón un “extra de protección e seguridade” nunha
zona frecuentada todos os días pola cativada. De feito, tomando en consideración este
emprazamento, os tres cadros existentes na alameda viron minimizado o seu impacto
visual cunha estética acorde ao espazo no que se instalan.

Compárteo!

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.