ARRANCA O NOVO PLAN DE ASFALTADOS, QUE PROGRAMA INVESTIRMÁIS DE 3 MILLÓNS DE EUROS A TRAVÉS DE DIFERENTES PROGRAMAS

 As obras de pavimentación comezan na parroquia de Couso, onde se
mellorarán os accesos aos núcleos de Fontenlo e Couso.
 O plan permitirá executar 116 actuacións de aglomerado en quente en
pistas e camiños municipais distribuídas por distintos puntos do termo
rural.
 O Concello activa, en paralelo, un plan de reparación de firme en vías
nas que non está programada agora a renovación total do asfaltado

A parroquia estradense de Couso acolle estes días
obras de pavimentación que marcan o inicio da execución do novo plan de asfaltados
do Concello da Estrada, fiado a través de diferentes programas de mellora e incremento
da seguridade viaria que se financian con fondos procedentes de distintas
administracións. Esta nova fase aglutina máis de 3 millóns de euros, o maior
investimento realizado ata o de agora nunha única quenda de asfaltados.
No caso concreto da parroquia de Couso, as actuacións que se están realizando permitirán
a mellora dos accesos a Fontenlo e Couso. Este luns comezaron os labores de limpeza das
cunetas e estímase que mañá mércores arranque o traballo de aglomerado.
Estas intervencións terán continuidade na vindeira semana noutras parroquias, xa que a
administración municipal contratou días atrás as obras doutros programas de asfaltados
para mellorar accesos a núcleos rurais e seguridade en vías de titularidade municipal.
Tal e como se anunciou hai meses, as obras previstas neste novo plan actuarán nas
seguintes infraestruturas de diferentes parroquias:
• Arnois: Os Bieites, A Carballeira e San Xiao.
• Oca: Outeiro e Oca de Arriba.
• Loimil: Tramo de Riomao á N-525 e Acceso a Os Casares.
• Couso: Mellora de accesos a Fontenlo e mellora de accesos a Couso.
• San Miguel de Barcala: Mellora do acceso ás Quintas.
• San Xurxo de Vea: Mellora do acceso a O Casal e mellora de acceso a Loureiro
de Arriba.
• Santeles: Renda.
• Paradela: Aldea Grande.
• Ribeira: Vilar, Barbude, Baltar-Escola e Baltar-San Vicente.
• Berres: Celeiróns, A Mouteira-O Pereiro,Vilancosta.
• Riobó: Os Besteiros, O Río, Barcia, San Martiño e San Martiño-A Pena.
• Orazo: Vendexa, Currelo-Vilanova, Currelo e Currelo-Baldarís.
• Santa Mariña de Barcala: Santa Mariña.
• Frades: Frades-Casalpaio.
• Santo André de Vea: Trazarís-Cardelle, Cardelle, Ramiráns, Celeiróns, Vera e
Trazarís.
• San Xiao de Vea: Vixín-Sandelle-Gondomar.
• Baloira: Montoiro.
• Toedo: Toedo e Talló.
• Barbude: Trasmonte e Acceso ao Muíño do Salgueiro.
• Moreira: Outeiro, Moreira Nova e A Pica.
• San Tomé de Ancorados: Igrexa-Gontén.
• San Pedro de Ancorados: San Pedro, Brei, Ventosela-San Pedro e Ribas.
• Agar: Gueifas e O Río.
• Matalobos: A Brea.
• A Estrada (rural): Vilar, Acceso Recreo Cultural, Camiño de Penerada-Ouzande,
Camiño dos Ramos e O Pedregal.
• Aguións: O Codeso.
• Callobre: Aldea Grande-A Riba, Nogueira, Vilafruxil, O Vilar, O Vilar-Aldea
Grande.
• Rubín: Bemposta, O Sol, A Igrexa (Rubín)-A Brea (Pardemarín), Foxo-Tras da
Capela e O Sol-Acceso.
• Curantes: Cortes e As Pereiras.
• Ouzande: Alemparte-Sureiros (Somoza).
• Lagartóns: Os Bolos e Ouzamerxe.
• Guimarei: A Torre e Campos-A Cruz.
• Somoza: Castro Ramiro, Cernadela e Vila de Abaixo.
• San Xurxo de Cereixo: O Millarrabo-O Viso, O Millarabo, Señoráns e Constenla.
• Olives: Os Pereiriños-Viladefonso, Fraiz e Fraiz-A Lagoa.
• Pardemarín: Piñeiro-Golfariz e A Brea-Vinseiro.
• Tabeirós: Tabeirós, Tabeirós-Sandán, Sandán, Sandán-Piñoi, Cimáns, Outeiro, As
Carballas, Sar, As Quintas e Tosar.
• Parada: Estrada municipal de San Xorxe a O Arnado e Eiriz-As Vilas.
• Nigoi: Escariz e A Silva.
• Ribela: Vilar-Entrecastrelo e Entrecastrelo-Arnado.
• Arca: Os Carballal-Ascensión e A Goleta.
• Codeseda: Monteagudo, As Quintas, Outeiro e Acceso Arnado-Abragán.
• Liripio: A Canda-Portela e Cabanelas.
• Souto: San Torcado-Campo Lameiro.
Polo tanto, esta nova fase do programa municipal de asfaltados permitirá executar 116
actuacións de aglomerado en quente en pistas e camiños municipais distribuídas por
distintos puntos do termo rural. Sumadas ás intervencións xa realizadas ao longo do último
ano, o investimento destinado á mellora dos asfaltados da rede viaria municipal superará os
5 millóns de euros entre 2025 e 2026, chegando con melloras ás vías das 51 parroquias da
Estrada.
Por outra banda, o alcalde estradense, Gonzalo Louzao, sinalou hoxe que quedou activada
xa unha nova brigada de reparación de firme que vai percorrer todas as vías que non serán
asfaltadas co devandito proxecto. Estas actuacións arrancaron na zona sur do Concello,

concretamente nas parroquias de Arca, Vinseiro, Olives, Pardemarín e agora mesmo estase
traballando na parroquia de Ribela. “Queremos percorrer todas as parroquias, todas as
pistas que non vaian levar agora o aglomerado en quente. A intención é que, cos asfaltados
e os bacheos, poidamos ter unha rede viaria municipal en mellor estado, nun municipio que
ten a particularidade de que esa rede local supera os 2.000 quilómetros”, sinalou o rexedor

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.