PLENO NA ESTRADA PARA O SORTEO QUE ELIXE AOS INTEGRANTESDAS 39 MESAS ELECTORAIS DO MUNICIPIO NOS COMICIOS DO DÍA 29

Coa aplicación do INE noméanse 9 integrantes por cada mesa: un
presidente e dous vogais máis dous suplentes para cada un destes postos.

O salón de plenos do Concello da Estrada acolleu
hoxe, ás 13.00 horas, un pleno de carácter extraordinario destinado á realización do sorteo
das mesas electorais de cara aos comicios xerais que se celebrarán o vindeiro 29 de
novembro.
A sesión desenvolveuse de xeito áxil, empregando para a designación dos integrantes destas
mesas o transparente sistema de sorteo que posibilita o soporte do Instituto Nacional de
Estatística (INE). Unha pantalla de televisión permitiu aos integrantes de todos os grupos e
persoas presentes na sesión ir seguindo o funcionamento da aplicación.
O sistema selecciona nove persoas por cada unha das 39 mesas electorais que haberá no
Concello da Estrada. Noméase a un presidente e a dous vogais, xunto con dous suplentes
para cada unha destas persoas. As notificacións chegarán nos vindeiros días

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.