A BANDA CULTURAL DA ESTRADA SUBIRÁ AO ESCENARIO POR SANTAICÍA ACOMPAÑADA DOS ACORDEÓNS DE OS LÓSTREGOS

 Será o sábado 21 de novembro, con 60 músicos sobre as táboas do Teatro
Principal.

A programación de outono Estrada Escena ten
reservadas neste mes de novembro dúas citas coas que as bandas do municipio honrarán á
patroa dos músicos, Santa Icía. A primeira en subir ao escenario do Teatro Principal será a
Banda de Música Cultural da Estrada, cun concerto o vindeiro sábado 21 de novembro
(20.30 horas) no que a formación que dirixe Ricardo Oliver estará acompañada polo grupo
estradense de acordeóns Os Lóstregos.
O Concerto estará dividido en dúas partes. Nunha primeira metade, os integrantes da Banda
Cultural interpretarán catro pezas: o pasodobre “Fet Aposta”, unha versión do “Concerto de
Aranjuez” con solo de gaita, “Clarinando” e “Jumper clarinet”.
Será tras un breve receso cando arranque a segunda metade do concerto, xa compartindo
escena cos Lóstregos. Serán 60 músicos sobre as táboas, interpretando conxuntamente un
repertorio con marcado acento local: “Pasodobre de Callobre”, “Vals de Sarandón”,
“Manolo Sangiao”, a xota “Churrusqueira” e “Banda Galega”.
A entrada será libre ata completar o aforo da sala.

Compárteo!

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.