ARRANCA A AMPLIACIÓN DO PARQUE INFANTIL DE FIGUEIROA, QUE INCREMENTARÁ MÁIS DUN 50% A SUPERFICIE DESTINADA AO XOGO

O recinto quedará pechado dende mañá ao público para executar a

reforma.

A área de xogo pasará de 117 metros cadrados a aproximarse aos 180.

Conservaranse os elementos actuais, incorporando unha nova

estrutura, columpios e novo mobiliario urbano.

O parque infantil de Figueiroa entra en obras. A
empresa encargada de executar a ampliación deste espazo iniciará este venres a retirada
das estruturas actuais, de xeito que o Concello prevé que o recinto quede dende mañá
pechado ao público. Cando este acceso se recupere, as instalacións terán incrementado en
máis dun 50% a superficie destinada ao xogo.
O parque de Figueiroa é unha dotación encadrada nunha zona do casco urbano que gañou
moita poboación nos últimos anos e que ten un carácter estratéxico para o ocio dos máis
pequenos, na medida en que se trata dun espazo situado a carón do CEIP Figueiroa e moi
próximo á Escola Infantil Municipal.
A infraestrutura existente foise quedando pequena co paso dos anos e, con este proxecto,
o goberno local aposta pola súa ampliación, sempre dentro das posibilidades que ofrece o
solar no que se encadra. A iniciativa será sufragada a través dunha baixa do plan +Provincia
da Deputación de Pontevedra e suporá pasar dos 116 metros cadrados actuais de superficie
de xogo a achegarse aos 180 (176, concretamente).
O concelleiro de Servizos Municipais, Óscar Durán, explicou hoxe que a mellora contempla
a ampliación da soleira actual, así como a completa substitución do pavimento existente. As
lousas cadradas de caucho que ten agora cambiaranse por un pavimento continuo.
Ademais, incorporarse novos elementos de xogo, conservando os que hai e que aínda teñen
vida útil.
Deste xeito, colocarase unha nova estrutura multixogo e un columpio de cesta, ademais de
renovar o mobiliario urbano actual para sumar novos bancos e papeleiras.
A pérgola existente na zona verde manterase para garantir a existencia de zonas de
esparexemento á sombra neste enclave, conservándose tamén o espazo reservado ao
xardín, para goce dos usuarios de maior idade destas instalacións. Con todo, as previsións
do Concello pasan por efectuar un labor de saneamento da zona axardinada .
Estímase que os traballos se desenvolverán por espazo aproximado dun mes. Durán asumiu
 
que a superficie para expandir este parque é limitada, pero estimou que as obras que
arrancan mañá suporán un importante salto cualitativo e cuantitativo. “Apostamos no seu
día por crear este parque en Figueiroa e agora apostamos por amplialo todo o posible”,
apuntou o concelleiro.
Sinalou nesta mesma liña que o Concello valorou posibilidades de incrementar a superficie
actual a través de solares anexos, pero recoñeceu que as opcións, ademais de limitadas, non
resultan viables. Avanzou que se está traballando e estudando posibles alternativas noutras
localizacións da contorna

Compárteo!

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.