O vindeiro sábado día 28 de Novembro, a agrupación ofrecerá o seu tradicional concerto na honra a Santa Cecilia. Será no Teatro Principal, ás 19:00horas.
Coma sempre, este concerto, ten unha gran importancia dentro da programación anual da agrupación, tanto pola dificultade do mesmo, como polo especial do que conleva o concerto, xa que nel debutan os músicos e músicas novas que comezan a súa andaina na Banda Municipal.
Este ano, os novos intérpretes que debutan neste concerto son:
-
Germán Prado (frauta traveseira)
-
Xoel Gañete (tuba)
-
Anxo Villaverde (percusión)
-
Breixo Villaverde (percusión)
-
Lía González (percusión)
Ademais destes novos intérpretes, a agrupación contará no escenario con mais de 70 músicos, que interpretarán un programa variado, baixo a dirección de Álvaro Varela, e que seguro fará desfrutar ao público asistente.
Pódense adquirir os convites no departamento de cultura do concello da Estrada, a partir do luns 23 de Novembro.




































