A ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL ACOLLE UNHA SEMANA DEACTIVIDADES PARA CELEBRAR O DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

 O centro decora a Ábore da Infancia, elabora marcapáxinas nos que se
recollen os dereitos infantís e realiza unha campaña de recollida
solidaria a prol de Cáritas.
 O venres porá o broche cunha festa conmemorativa.

A Escola Infantil Municipal da Estrada está inmersa
estes días na celebración do Día Universal da Infancia, que se conmemora este venres, 20
de novembro. O centro, dependente do Concello, está desenvolvendo actividades
destinadas a dar visibilidade aos dereitos dos nenos e nenas e a fomentar o respecto, a
solidariedade e participación das familias. Neste marco especial, a escola realizou catro
propostas: a creación da Árbore da Infancia; a elaboración dun marcapáxinas en familia;
unha campaña solidaria e unha festa conmemorativa.
A concelleira de Benestar, Amalia Goldar, detallou hoxe a programación deseñada,
sinalando que na escola xa está en marcha unha composición colectiva que se bautizou
como Árbore da Infancia. A obra está formada por pezas de quebracabezas de cartolina
pintadas polo alumnado, nas que se estampan as mans de nenas e nenos. A unión destas
pezas simbolizará a importancia de cada persoa a súa pertenza á comunidade.
A maiores, a Escola Infantil Municipal propuxo que as familias que acoden ao centro
educativo elaboren nas súas casas un marcapáxinas decorado cunha lazada, a fin de que
poida ser colgado das ramas dunha árbore da escola. Este elemento poderá conter unha
frase sobre os dereitos da infancia ou un desexo para a cativada.
No tocante á campaña de recollida solidaria, decidiuse que fose a prol de Cáritas Parroquial
da Estrada. Vén desenvolvéndose dende o luns e rematará o venres. Cada familia pode
colaborar, segundo as súas posibilidades, con alimentos non perecedoiros, xoguetes, libros,
produtos de aseo ou calquera outra achega. Con este obxectivo, na entrada do centro
habilitáronse catro caixas grandes para facilitar e organizar a recollida.
E xa o venres, a Escola acollerá unha festa conmemorativa do Día Internacional da Infancia,
poñendo o broche a unha semana de actividades centradas na sensibilización sobre os
dereitos dos máis pequenos.

Compárteo!

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.