MOSTEIRO DE SAN CLODIO, LEIRO, OURENSE

003 087 copia

O mosteiro de Santa María de San Clodio, Leiro, Ourense, foi declarado MONUMENTO  HISTÓRICO- ARTÍSTICO NACIONAL no ano 1931.

A fundación, as orixes,  deste mosteiro non estan claras. En varios estudos realizados por expertos na materia non se coincide nas datas da contrucción do mesmo. Uns expertos situan a súa fundación no século VI, e outros no ano 929.

Ocupado nos seus orixes polos monxes negros da orde de San Bieito, convertírono nun mosteiro adicado a tarefas agrícolas, introducindo sobre todo o cultivo de vide.

003 094 copia

 

Dende 1225 ata a exclaustración sufrida no medievo foi un mosteiro cisterciense pasando a ser benedictino ata o fin do século XIV.

 

 

A igrexa do mosteiro está adicada a Santa María. O seu estilo é o gótico e conta con tres absidas.

003 069 copia 003 035 copia

 

003 051 copia

 

003 033 copia 003 040 copia

Hoxe en día e tras a última restauración ao que foi sometido o mosteiro convertiuse nun HOTEL MONACAL.  Rodeado de vides e montañas, éste cobra vida propia nun entorno no cal os distintos elementos constructivos que o conforman nos chaman a atención: un antigo palomar, o cemiterio, casas con enormes balcóns ateigados de flores…

Se nos atopamos na zona comprendida entre Rivadabía e o Carballiño non podemos deixar de visitar o pobo que acolle a Santa María de San Clodio.

Redacción e fotografía: Ana Requeijo.

 

 

 

 

Esta entrada fue publicada en Percorrendo Galicia. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta