TORRES DO OESTE, CATOIRA.

IMG_5663 copiaDenominadas TORRES DO OESTE, Catoira, Pontevedra, están conformadas polas ruínas dunhas torres de orixe romana que serviron para defender a archidiocese de Santiago de Compostela dos ataques normandos na Baixa  e Alta Idade Media.

A inexactitude da súa construcción levanos a consultar varias fontes nas que se afirma que na época Castrexa xa había actividade neste lugar, aínda que estudios modernos (s.XX) demostran  a existencia de restos romanos nas  cimentación ou nas torres.

Aínda  que  nos seús  tempos  de explendor, houbo moitisima

IMG_5668 copia

actividade, pois como sinalamos antes, o Castelo servía de defensa contra os ataques normandos protexendo a archidiocese compostelana; é partir do século XV cando comenza a súa decadencia sendo en 1525 cando parte das construccións foron  derrubadas.

Hoxe en día conservanse en pé os alzados de duas torres, e unha terceira moi arruínada.

As TORRES DO OESTE son construccións de planta cadrada elaboradas con prepiaño.

 

Tamen se conserva unha capela, no mesmo sitio que as torres, adicada o APÓSTOLO SANTIAGO. Foi construída por Xelmirez no século XII, concretamente no ano 1122.

IMG_5682 copia

Unida as torres é de unha sola nave, con ábside semicircular está totalmente reconstruída.

As TORRES DO OESTE, son un lugar de libre acceso e uso turístico que forma parte do conxunto de Monumentos Nacionais do estado español.

Situadas na confluencia da desembocadura  río Ulla e a ría de Arousa, cada verán, o primeiro domingo de agosto, revívese nas torres, río e marismas colindantes a «ROMERIA VIQUINGA», recreándose a defensa do Castelo frente a un ataque normando. Para iso usanse as barcas viquingas que están ancoradas a carón do Castelo e que todos podemos admirar na nosa visita a Catoira.

IMG_5746 copia

Redacción e fotografía: Ana Requeijo.

Esta entrada fue publicada en Percorrendo Galicia. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta