
Este sábado 9 terá lugar no campo municipal de Figueiroa o partido correspondente a primeira xornada de Fútbol Gaélico. Os Irmandinhos medirán ás súas forzas fronte un recen creado Pontevedra FG. O encontró terá lugar ás 19:00 h. Os de Sito contan con algunha baixa pero esperan estar a un gran nivel e revalidar o titulo de campións de Galicia.
No referente a primeira xornada os Mecos caeron fronte o Estrela Vermelha de Santiago por un marcador de 3-09 (18) 4-11 (23) e os Fillos de Breogán A Coruña tocalles descansar.
Na parte feminina as Irmandinhas aproveitarán a ocasión para facer un partido amigable entre elas, de forma preparatoria para o comezo da súa liga que arranca no Grove o vindeiro 30 de Novembro fronte As Mecas Ogrobe FG.
Lembrar os asistentes que tanto o partido masculino como femenino servirán para a iniciativa do equipo de seguir recoletando tapóns para José Manuel, rapaz de Vedra que ten que afrontar unha operación que non cubre a Seguridade Social. Convidamos a tódos a achegarse o campo a ver un deporte distinto e solidarizarse coa causa de José Manuel.
O remate da xornada dará paso o habitual e tradicional terceiro tempo que terá lugar no bar Valenciaga.
Fotografía e Redacción: Irmandinhos Estrada






































