A súa area é tan fina que o solpor chega a reflexarse nela tal e coma se fose nun espello. A súa auga é batida pola forza do vento, sen compasión. De noite cando pasamos pola estrada, o berro magoento dun corazón ferido chega ata nós, e sin saber da existencia da Praia, indagamos e preguntamos os lugareños de dónde sae ese son; e contéstannos: «da Praia, sae da Praia de Traba».
A Praia de Traba en Laxe, A Coruña, conforma outra paisaxe espectacular da Costa da Morte galega. A lagoa interior e a extensa duna completan esta fermosa Praia que temos que visitar cando pasemos por Laxe.
Redacción e fotografía: Ana Requeijo.










































