Este ciclo teatral forma parte dun plan de dinamización que pretende descentralizar as actividades culturais achegándoas, na medida do posible, a aqueles ámbitos de poboación rural desprovistos de infraestruturas; favorecendo, por unha banda, a captación de público e a consolidación dun ciclo de exhibición cultural permanente. Isto, sen esquecer, que a programación destas actividades, servirá tamén para poñer en valor espazos como antigas escolas, teleclubs e outros locais sociais, presentes en cada parroquia.
As actuación terán lugar en 10 parroquias das que algunhas aínda están por determinar.
Os artistas participantes nesta edición serán As Lerchas, Pablo Chichas e Miguel Guido, Compañía de Teatro Bandullo Azul, O Mago Toño e Manolo do Atlético, Mofa e Befa, Isi e Cándico Pazó.
A xira sstenderanse dende o 9 de novembro ata o 14 de decembro durante seis semanas. Algúns sábados programarase simultaneamente en dúas parroquias.
As primeiras actuacións previstas son as seguintes:
-Local Social Escola Vella de Loimil LOIMIL (SÁBADO 9 ÁS 20.30 h) Sesión de contacontos a cargo de Cándido Pazó
-Escola antiga de COUSO (SÁBADO 16 ÁS 20.00 h) Sesión de contancontos a cargo de Cándido Pazó
Redacción: Departamento de Cultura






































