Para este partido, Juancar, non poderá contar con Tojo, lesionado cunha rotura de fibras no cuadriceps, nin con Marcos Sesar, que está sancionado cun partido por mor dunha expulsión na pasada xornada en Vigo.
Con estas dúas baixas o noso equipo local de fútbol sala afronta o compromiso contra un rival directo na loita por abandoar os postos baixos da clasificación e tratar de afianzarse na zona noble.
Dada a importacia do partido, dende o Vasán Cubik, esperan unha gran resposta dos afeccionados ao igual que nos últimos partidos, para encher o Coto Ferreiro e levar ao equipo a consecución da victoria.
Tralo recente convenio acadado coa ACOE, sortearanse vales de compra e haberá moitas máis sorpresas.
¡Esperámosvos!
Redacción e fotografía: Iria Eiras






































