Este domingo terá lugar unha edición máis do Festival Lume na Lareira. Os pasados días desprazámonos ata o concello do Pino con Juan Ruibal, organizador do certame, ao local de ensaio dun dos grupos que dirixe e que participará no evento. A pesar de que levan pouco tempo Airiños de Gonzar, nome có que se coñece a agrupación, espera sorprender ao público.
Redacción, fotografía e gravación: Iria Eiras







































