Gravación e montaxe: Iria Eiras
Este venres e sábado dentro do ciclo de teatro no Nadal, poderemos disfrutar na vila da obra Smoke City. Unha comedia interpretada pola compañía estradense Malasombra Teatro.
Xoque Carbajal, produtor e actor na obra, acompañado do edil de cultura, Juan Constenla, preséntannos esta comedia sobre o tabaquismo, obra que Xoque nos define como pública, xuvenil e familiar.
As representacións serán o venres 21 e sábado 22 de decembro ás 21:00 horas no teatro principal. As entradas serán a 3,50€ e poderanse adquirir na billeteira do teatro dende unha hora antes do espectáculo.
Redacción: Iria Eiras






































