Este sábado 21 ás 16:30 horas terá lugar no Estadio municipal de A Baiuca na Estrada, o segundo partido benéfico do equipo de fútbol Gaélico Irmandinhos A Estrada.
Así no lo presentaron na sede de cáritas Vázquez e Lourdes, membros de cáritas, acompañados de integrantes do club Irmandinhos, Alberto e Carlos, e do copiloto estradense David Vázquez que tamén colaborará no evento.
Xogaranse dous partidos, un femenino e outro masculino. Os equipos estarán formados por membros de Irmandinhos e Irmandinhas e deportistas federados do concello, xá sexan de fútbol, de baloncesto, fútbolsala, atletismo, ciclismo, calquera disciplina é boa para a finalidade do encontró.
O partido servirá para recoletar alimentos para as familias máis necesitadas da zona. Según fixo saber Caritas A Estrada, nestes intres están atendendo a unhas 120 familias. O ano pasado os Irmandinhos A Estrada fixeron o seu primeiro benéfico xuntando 1.500 quilos de alimento i este ano esperan superar esa cantidade co apoio de tódolos veciños. O sistema que realizan os Irmandinhos é por cada quilo de alimentos non perecedeiros unha rifa para os agasallos que doaron diversos equipos i empresas. Añadir tamén as doacións de
empresas colaboradoras. Despois os alimentos serán depositados no local de Caritas para que esta entidade os administre entre os veciños necesitados. Tamén terán punto de recollida de tapóns para José Manuel, veciño de vedra, que sufre unha paralise cerebral e acaba de ser operado en Barcelona i espera comezar a rehabilitación.
Empresas colaboradoras: Hnos. Goldar Blanco S.l. – Zurich 300€ en alimentos, CD Estradense 100 quilos de alimentos, Traballadores de Barloword Finanzauto A Coruña 100€ en alimentos, Monster Studio a cartelería do evento, Café Piaf 37 quilos, Nao 50 quilos, Fisio Estrada 100 quilos, Clínica Dental Cuntis 60 quilos, Ferretería Agustín Forcarei xoguetes.
Sorteos: Tatuaxe doada por Sagrado Corazón de Santiago, Cea para 2 persoas no Valenciaga, Caixa de Sidra doada por Sidras Ribela, Cea para 2 persoas en Argentinos Burguer, Banderin do FC Barcelona asinado polos xogadores, Camiseta do Xetafe CF asinada polos xogadores, Mallot grazas Bicistrada, 2 camisetas de competición doadas por Atletismo A Estrada, Camiseta da Selección Galega de fútbol Gaélico, Unha cafetera doada polo Café Piaf, unha sesión de tratamento podolóxico máis hidratación con parafina no centro del Pié, un Kit de roupa Galuppo Racewear, unha camiseta do CD Lugo asinada, Kit de roupa de bebé en Calpep Bebé, unha camiseta e dúas bufandas do CB Breogán, Curso de Copilotaxe de Rallies cedido polo subcapeón de España David Vázquez, vale de compra por 40€ en chocoSport cuntis, 2 meses de ximnasio no Absolute, 2 camisetas unha de home e outra de muller do Rei Zentolo doadas pola Tenda de Lolita e Carmiña, cea para 2 persóas no restaurante samaná, un Disco duro de 500gb por Beep, Camiseta oficial do RC Celta de Vigo, o Balón oficial do Real Madrid CF, unha camiseta do Madrid Harps GAA e un polo do Eire Og Seville, un bono de un ano de
descontos de Co-prevent, unha cea para 2 persóas no Mesón A Vila, Camiseta do CD Ourense, camiseta do Pontevedra FG, Balón asinado polos xogadores do RC Deportivo da Coruña, camiseta adestramento asinada do CAB Obradoiro.
Ata agora estas son as colaboracións e os agasallos, podedes seguir toda a información na páxina Irmandinhos.com, e todo isto estará amenizado por Pablo Chichas.
Esta semana os integrantes de Irmandinhos A Estrada realizaran unhas visitas polos centros educativos para achegar aos pequenos a este deporte que empeza a botar raíces no noso concello.
Redacción: Irmandinhos A Estrada / Gravación: Adrián Eiras / Fotografía: Iria Eiras






































