A Fervenza de Ouzande organiza a IV Ruta de Nadal

felizrutadenadal2013 contConvidamos a todos os estradenses e persoas interesadas en xeral a pasar a mañá do día de Nadal dun xeito diferente. Disfrutaremos da paisaxe, da natureza e da conversa amigable, e aproveitaremos para alixeirar a copiosa cea de Noiteboa.

Roteiro Ouzande-Ferreiros-A Somoza

*Percorrido: 10 km

*Saída e chegada: Igrexa de Ouzande. 10:30 a 13:30.

*Dificuldade: doada.

*Recoméndase levar calzado cómodo, e ter en conta as previsións metereolóxicas.

LUGARES DE INTERESE: no noso percorrido habémonos atopar cos seguintes
puntos de interese:

-Aldea de Ferreiros. Pertence ao concello de Cuntis, aínda que históricamente sempre existiu unha grande relación entre os seus habitantes e os veciños de Ouzande.

-Congostra dos lobos. Saíndo de Ferreiros utilizaremos antigas sendas que eran utilizadas polos veciños de ambas parroquias, e sobre as que aínda hoxe se escoitan moitas historias de lobos. Encamiñaremos á Somoza.

-Lugar de Bargo. Fermoso lugar da parroquia da Somoza, que atravesaremos para retornar de novo os carreiros do monte desta parroquia. Rodeado de mestas carballeiras e terras de labradío.

– Fervenza e muíños de Ouzande. Contorno de 7 muiños e un pozo. É unha zona de especial beleza pola vexetación que conserva numerosas especies autóctonas (varias carballeiras, bosque de acivros, vexetación dos cursos fluviais, salgueiros, ameneiros…). Percorrerémola na parte final do recorrido.

Redacción: Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande

Esta entrada fue publicada en Asociacións, Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta