Na xornada matinal do derradeiro domingo deste ano 2013 as rúas da Estrada estiveron cheas de música por unha boa causa, recadar fondos para comprar xoguetes aos nenos das familias estradenses de Cáritas e Cruz Vermella.
Esta iniciativa solidaria participaron 7 agrupacións estradenses (Tamparrantán de Santo André de Vea, Antaruxa de Ouzande, Banda de Gaitas de Barbude, Retrouso de Ouzande, O grupo de acordeóns Os Lóstregos, Lume na Lareira de Berres e Abrente do Foxo), tamén colaboraron 2 coros de Santiago e o pianista José Manuel González que acompañou aos solistas que quixeron deixar a súa aportación musical na Praza do Concello, como foi o caso dun trompetista que pechou esta edición de «Unha canción unha ilusión».
Este luns farase reconto do recadado.
Redacción e fotografía: Iria Eiras






































