Entre os concellos de Forcarei, Silleda e A Estrada atopamos un inhospito lugar que no inverno e a choiva nos deleita coa aparición dunha lagoa. É a lagoa Sacra de Olives, emplazada no espazo LIC Brañas de Xestoso, da rede Natura dende o ano 2000 pola curiosidade do lugar así coma pola fauna e flora tanto da lagoa coma dos seus arredores.
Conta a lenda que nos tempos nos que os mouros e os cristiáns vivían enfrontados alí se levou a cabo unha grande batalla na que os mouros sairon moi mal parados. Sigue decindo,a que os cadaveres dos mouros foron apilados alí e que por iso a zona se rechea de auga cada inverno. Sexa como sexa, xeralmente, hai unha lenda detras de cada sitio curioso da nosa misteríosa Galicia, aínda o que sí é certo é que naquél lugar algo tivo que existir de grande importancia pois conservanse os restos dunha muralla que nos días soleados se reflexa nas augas estancas da Lagoa Sacra.
Outro dato que a min me foi comentado sobre a lagoa Sacra de Olives é que o escritor británico J.R.R. Tolkien se baseou nela para ilustrar no seu libro EL SEÑOR DE LOS ANILLOS unha cienaga, que no libro se chama a «Cienaga de los Muertos». Deste dato non hai constancia histórica nin documentada en nungún libro. Non consta que Tolkien estivera nunca en Galicia e moito menos ao pé da Lagoa…ainda que nunca se sabe o que puido acontecer no pasado.
Os solpores na Lagoa son intensos sobre todo no inverno, e sería moi raro o día que pasasemos por alí e non visemos un par de parrulos nadando nas súas frias augas.
Redacción e fotografía: Ana Requeijo.