A Coral Polifónica Estradense realizou o seu tradicional concerto de Nadal

IMG_4563A Coral Polifónica Estradense realizou o seu concerto de Nadal no teatro principal acompañada da Coral Polifónica de Soutomaior e a Banda de Música Municipal de A Estrada.

As dúas agrupacións estradenses están dirixidas por Javier Comesaña.

Con este concerto e o ciclo infantil de teatro pechase un gran ano cultural con máis de 200 actividades entre Teatro Principal, MOME e sala de exposicións de Novagalicia Banco.

Durante o ano 2013 a sección de actividades culturais acadou un número de 206 eventos repartidos entre exhibicións de artes escénicas (preferentemente teatro), actividades audiovisuais; entre as que destacan as pertencentes ao Festival de Terror PANIC, exposicións, ponencias, presentacións e charlas literarias; ubicados preferentemente no Museo do Moble e da Madeira e na sala Nova Galicia Banco e cursos.

Esta cifra non inclúe, loxicamente, a actividade regular ofertada polas Escolas Municipais de Baile e Música Tradicional e a Escola de Artes Escénicas; así como as actividades desenvolvidas polos centros escolares en recintos de titularidade municipal.

Toda esta xeira de actividades foi programada, xestionada ou coordinada polo Concello da Estrada a través do seu Departamento de Cultura.

Redacción: Departamento de Cultura / Fotografía: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta