O equipo de baloncesto EDM Mimela fixo entrega de máis de 300€ ao banco de alimentos

IMG_9563Este mércores Pablo López, en representación do EDM Mimela A Estrada de Baloncesto, fixo entrega dun cheque de 323,05€ a concelleira de Benestar Social, Amalia Goldar, para o Banco de Alimentos do Concello da Estrada.

Este importe recadouse na cantina do Coto Ferreiro durante a celebración do I Torneo 3X3 de Nadal Concello da Estrada en colaboración co EDM Mimela A Estrada. O xénero vendido na cantina ao prezo popular de 1€ foi suministrado polas empresas colaboradoras, ACOE, Begano, Monster Studio, Panadería Cervela, Panadería Casa do Pan, Sala Gradín e algún nai que aportou algún pastel.

[embedplusvideo height=»388″ width=»640″ editlink=»http://bit.ly/1dYfoUR» standard=»http://www.youtube.com/v/dtI7UgWKkrI?fs=1&vq=hd720″ vars=»ytid=dtI7UgWKkrI&width=640&height=388&start=&stop=&rs=w&hd=1&autoplay=0&react=0&chapters=&notes=» id=»ep3127″ /]

IMG_9586O Torneo contou cá participación de case 100 xogadores repartidos en 6 equipos na categoría minibasket e 16 equipos na categoría senior, con xogadores chegados dende Teo, Negreira, Cuntis ou Santiago de Compostela, nunha gran xornada de baloncesto que contou cunha gran asistencia de público.

Redacción e fotografía: Iria Eiras / Gravación: Adrián Eiras

Compárteo!

Esta entrada fue publicada en Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta