Obradoiro de Títeres

Todos os nenos de entre 6 e 10 anos que queiran anotarse no «Obradoiro de construción e manipulación de monicreques» impartido pola Cía lalinense Viravolta o vindeiro día 3 na sala Nova Galicia Banco, en horario de 10.00 h a 13.00 h., deberán chamar o vindeiro mércores día 2 ao Departamento de Cultura do Concello da Estrada (986573601) para reservar praza. So se admitirá un máximo de 20 alumnos. A actividade será gratuíta e rematará coa representación dunha peza aberta a todo o público.

OBRADOIRO DE CONSTRUCCIÓN DE MONICREQUES BOCÓNS

Neste obradoiro cada un dos participantes elaborará unha sinxela marioneta, en concreto un Monicreque Bocón, do tipo das “muppets”, con materiais moi sinxelos e aplicando técnicas da papiroflexia.

Os monitores apoiarán o traballo dos cativos/as, guiandos nos aspectos técnicos pero respectando a creatividade de cada neno/a. A continuación, cando teñan rematado o seu Bocón os/as nenos/as aprenderán técnicas básicas da manipulación das marionetas de luva para darlle vida ao seu monicreque.

No obradoiro trataremos de:

–         Ofrecer espazos lúdicos e culturais de encontro grupal que favorezan o desenvolvemento integral dos neons e nenas no tempo libre.

–         Estimular a aprendizaxe e aplicación de nocións básicas da papiroflexia e da manipulación dos títeres de luva.

–         Estimular a creatividade como capacidade única e personalísima. Durante o obradoiro, a parte de traballar sobre a creatividade e as destrezas manuais, imos traballar sobre outros contidos como a cooperación e traballo en equipo, xa que imos a traballar en grupo, ou a educación ambiental, xa que os materiais empregados son sinxelos e en moitos casos de refugallo.

O obradoiro está dirixido polos profesionais de Viravolta Títeres, con formación e experiencia no sector artístico e con gran experiencia á hora de traballar para o público infantil e xuvenil.

A metodoloxía empregada nos obradoiros caracterízase por ser individualizada e adaptada ás características, capacidades, necesidades, ritmos e gustos de cada participante, grupal, participativa, progresiva e gradual, práctica e, por suposto, lúdica.

Este obradoiro ten unha duración dunha hora e media e está dirixido a nenos/as a partir de 6 anos.

Departamento de Cultura do Concello de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta