O BNG remítelle ao alcalde a preocupación dos veciños e veciñas de Lagartóns polo remate da suspensión dos recibos do IBI

IMG_3877Rematada a suspensión dos recibos do IBI de Lagartóns os veciños e veciñas están preocupados polo silencio do alcalde

Magariños instou ao alcalde a dar a cara e explicar claramente se vai dar solución a esta cuestión ou vai sacarse da manga outra distracción até pasar o día das eleccións

Veciños e veciñas con propiedades nos terreos afectados polo proxecto da Cidade do Móbel amosaron a súa preocupación ao BNG polo remate da suspensión da emisión dos recibos do IBI relativos ás fincas incluídas neste proxecto sectorial.

Segundo explicou o concelleiro nacionalista “a suspensión rematou o 11 de febreiro deste ano e a día de hoxe os veciños e veciñas descoñecen que vai pasar agora”. “Os propietarios”, engade, “seguen a reclamar que os terreos sexan cualificados como de natureza rústica a efectos catastrais, xa que a día de hoxe, e visto a lentitude do PP para construír o polígono da Cidade do Móbel, eses terreos son rústicos e non industriais”.

IMG_3851“Mais vista a contestación recibida do Goberno central o pasado mes de outubro”, explicou Magariños, “no BNG non somos moi optimistas a respecto deste tema e todo apunta que a tarde ou cedo o PP fará pagar aos veciños e veciñas de Lagartóns, porque o único que está a facer o alcalde son manobras de distracción e dilatorias”

O concelleiro nacionalista acusou ao rexedor municipal “de enganar aos propietarios dos terreos de Lagartóns, porque está claro que non está facendo nada para dar unha solución definitiva a este problema, unha solución que só pode ser política”.

Xosé Magariños instou ao alcalde a “dar a cara e explicar claramente se vai dar solución a esta cuestión ou vai sacarse da manga outra distracción até pasar o día das eleccións”, preguntouse o concelleiro nacionalista.

Redacción: BNG de A Estrada // Fotografía: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta