Juan Constenla salienta do proxecto Bogaris-Mercadona «a creación de 370 postos de traballo a medio prazo, entre temporais e fixos, e os beneficios para as arcas municipais en canto ao aumento de ingresos por licenzas e impostos»
«A xestión urbanística do goberno local permitirá que, coas dúas primeiras actuacións ao abeiro do PXOM, o concello obteña cinco parcelas con máis de 20.000 m2 en total para dotacións e equipamentos públicos», engade O secretario e voceiro do PP da Estrada, Juan Constenla, reivindicou hoxe a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) como «principal motor do desenvolvemento socioeconómico do municipio a curto e medio prazo», tras o anuncio do investimento de 28 millóns de euros que o grupo Bogaris promoverá proximamente na Estrada, acompañado por Mercadona como marca-insignia comercial.
Juan Constenla considera este anunciou como «unha nova moi boa» para os estradenses, posto que chega da man de «dúas empresas con acreditada reputación e solvencia como Bogaris e Mercadona», que, ademais, «teñen a intención de axilizar o máximo posible todos os trámites administrativos para iniciar os traballos de urbanización e construción».
«A creación de 370 postos de traballo a medio prazo, entre temporais e fixos, e os beneficios que suporá este desenvolvemento para as arcas municipais en canto ao aumento de ingresos por licenzas e impostos contribuirán a acelerar a saída da crise na Estrada máis ca noutros concellos da contorna», considera o voceiro local do PP.
Por outra banda, Juan Constenla salienta tamén que «a xestión urbanística desenvolvida polo goberno local neste mandato permitirá que coas dúas primeiras grandes actuacións ao abeiro do PXOM, o concello obteña cinco parcelas para dotacións e equipamentos públlicos». Así, mentres que no SUD-R06 Avenida de Vigo as cesións urbanísticas reportaranlle ao concello dúas parcelas cun total de 2.625 m2 de superficie, no caso do Sistema Xeral D-1 (A Baiuca) obteranse outras tres parcelas (dúas de uso institucional administrativo e unha de uso docente) cunha superficie conxunta de 17.438,44 m2 de superficie.
«Con este goberno do PP pasouse dun urbanismo antigo, sen control nin racionalidade, a un modelo de urbanismo avanzado e xusto, e que prima o interese xeral por enriba de calquera interese particular», apuntou.
Redacción: PPdeG de A Estrada // Fotografía: Iria Eiras






































