A Casa das Letras xa está preparada para a recepción da biblioteca municipal

01O pasado sábado 14 de marzo o alcalde, Xosé López, acompañado polo secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o recentemente nomeado Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, inauguraron a Casa das Letras diante dun mural do estradense Ramiro Cimadevila.

As reformadas instalacións do colexo José Antonio acollerán a biblioteca municipal, deste xeito, os estudantes que utilizan este servizo non terán os actuais problemas ao compartir edificio con outras actividades como as aulas de música do conservatorio no edificio de Usos Múltiples.

Durante a mañá da apertura a compañía «Os Bolechas» amenizou a visita ao edificio dos máis cativos con xogos populares, títeres, contacontos e outras actividades de lecer. Xa pola noite pechábanse as actividades cós concertos do quinteto de corda Queizás e a actuación do cantante Luis Iglesias.

A reforma foi realizada polo obradoiro de emprego estradense cunha inversión de 600.000 euros financiados ao 50% pola Xunta de Galicia e as arcas municipais.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta