Poñémonos en contacto convosco para informarvos de que a Xunta de Galicia abriu o prazo para a presentación de solicitudes para os campamentos de verán.
Todos os interesados poderán formalizar a solicitude para a inscrición no sorteo ata o 8 de abril.
Para máis información, entrar na páxina web xuventude.net ou na ligazón
http://xuventude.xunta.es/uploads/docs/acciondeveran/2015/00_campamentos15_1.pdf
Lembramos tamén que está aberto o prazo para os campamentos de verán «A Lanzada» e os Polideportivos «Príncipe Felipe», aínda que o prazo remata o 2 de abril, no Departamento de Cultura só recollemos as solicitudes ata o xoves 26 de marzo para achegalas á Deputación.
Departamento de Cultura Concello da Estrada






































