Na tarde de onte o alcalde, Xosé López reuníase có Secretario Xeral de Infraestructuras do Ministerio de Fomento, Manuel Niño González, número 3 da ministra Ana Pastor, onde abordaron a situación do proxecto da variante de A Estrada.
Nesta xuntanza o alcalde recibeu o compromiso do Ministerio de Fomento para a súa licitación no segundo semestre deste ano. O rexedor estradense móstrase confiado da palabra do ministerio que dirixe Ana Pastor a quen define como unha política «seria e rigurosa», pero sen embargo, tendo en conta os incumprimentos de varios gobernos avoga «pola cautela e por manternos vixiantes para que ese compromiso se materialice».
O investimento rondaría os 50,5 millóns de euros nun trazado de 8,7 quilómetros que permitirían desviar o tráfico pesado do centro da vila.






































