A agrupación socialista da estrada aprobou en Asemblea, por unanimidade, a súa candidatura que acompañará a José Antonio Dono López como candidato nas vindeiras eleccións municipais de maio.
Esta candidatura foi avalada pola Comisión Provincial de Listas do partido e polo seu Comité Provincial na mañá de hoxe. Será ratificada polo Comité Nacional Galego o vindeiro mércores. Nas vindeiras semanas realizarase a presentación pública de todo o equipo.
“O equipo de candidatas e candidatos que me acompañan como integrantes na candidatura socialista da Estrada para as vindeiras eleccións de maio auna experiencia e renovación, incorpora ao proxecto local xente nova. Está configurada dando igual representación a mulleres que a homes, recollendo o importante peso que as parroquias e a vila teñen no noso Concello e está formada por persoas con capacidade, formación e experiencia en distintos sectores laborais. Trátase dun equipo con ilusión e ganas de traballar para ofrecer aos veciños e veciñas da Estrada outra forma de entender as necesidades locais”, comentou José Antonio Dono, candidato dos socialistas estradenses.
INTEGRANTES DO EQUIPO DA CANDIDATURA DOS SOCIALISTAS DA ESTRADA, ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2015:
2. Belén Louzao Vieites, licenciada en Ciencias Políticas e da Administración, traballa como profesora técnica de formación profesional. É veciña da parroquia de Matalobos, vive na parroquia de Frades. Na actual lexislatura é membro do grupo socialista municipal, desempeñando funcións de portavoz.
3. Román Suárez Porto, Enxeñeiro Industrial, traballa como enxeñeiro de produción nunha empresa local do sector do moble. É veciño da parroquia de Lamas.
4. Montse Maceiras Vicente, diplomada en Ciencias da Educación, dirixe unha empresa local do sector do granito. Natural de Tabeirós, vive na vila estradense. Durante a lexislatura 2007-2011 desempeñou funcións de Concelleira de Promoción Económica, na actual lexislatura é Concelleira do grupo socialista municipal.
5. Luís Rendo Araujo, Técnico Especialista en Electrónica e Mecánica, é o encargado no departamento de mantemento no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, para o Hospital Provincial de Conxo e o Psiquiátrico de Conxo. Nacido en Orazo, vive na parroquia de Oca.
6. Ana Asorey Brea, vive en Santa Cristina de Vea, naceu en Vinseiro. Traballa como enfermeira no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela. Durante a lexislatura 2007-2011 desempeñou funcións de Concelleira de Benestar Social, na actual lexislatura é Concelleira do grupo socialista municipal.
7. Manuel Fernández Cerdeira, veciño da parroquia de Codeseda. Diplomado en Maxisterio, exerceu como profesor de pedagoxía terapéutica no Instituto de Educación Secundaria de Forcarei, actualmente está xubilado.
8. Silvia Neira Iglesias, veciña da parroquia de Moreira, é estudante de Dereito. Actualmente é a Coordinadora Provincial de Xuventudes Socialistas de Pontevedra.
9. Eduardo Davila Rodríguez, Técnico en Equipos Electrónicos de Consumo, traballa como técnico nunha empresa do sector das telecomunicacións. Veciño da parroquia de Guimarei.
10. Amparo Rubial Bernárdez, licenciada en Filoloxía Hispánica, traballa no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela. Natural da parroquia de Berres, vive na vila da Estrada.
11. José Antonio Duro de la Fuente, Enxeñeiro Técnico Industrial, traballa como enxeñeiro mecánico nunha empresa do sector do metal. É veciño de San Xurxo de Vea. Actualmente é Concelleiro do grupo municipal socialista.
12. Natalia Arca Rozados, veciña da parroquia de Rivela, vinculada ao sector do comercio local.
13. Luís López Bueno, estudante de Dereito, natural da parroquia de San Miguel de Castro, vive na Estrada.
14. Lucía Vilariño Fernández, veciña da parroquia de Aguións, é estudante.
15. José Luís Tarrío Calviño, Técnico en Xestión Administrativa, traballa como administrativo nunha empresa local vinculada ao sector de transporte de viaxeiros. É veciño da parroquia de Santeles.
16. Mª Carmen Herrera Taboada, Técnica Superior en Prótesis Dentales, traballou nunha clínica dental da localidade, actualmente está desempregada. Vive na Estrada
17. Ángel Constenla Batán, traballou como operario maquinista – condutor nunha empresa local, actualmente está desempregado. Veciño de San Pedro de Ancorados
18. Ana Ferradáns Blanco, licenciada en Ciencias Políticas e da Administración, é traballadora municipal do Concello. Natural da parroquia de Agar.
19. Marcelino Brea Mella, diplomado en Ciencias da Educación e Titulado en Deseño de Interiores, traballa como profesor de educación primaria. Foi de Organización e Secretario Xeral da Federación de Traballadores do Ensino (FETE) de UGT Galicia. É veciño da parroquia de Callobre.
20. Manuel Sanmartín Obelleiro, titulado en maxisterio, exerceu como mestre na escola de Nigoi e no CEIP de Codeseda, actualmente está xubilado. Natural da parroquia de Sabucedo, vive na vila estradense. Durante a lexislatura 2007-2011 exerceu como concelleiro de Cultura, na actual lexislatura é Concelleiro do grupo socialista municipal.
21. Manuel Otero Espiño, Diplomado en Maxisterio e Licenciado en Xeografía e Historia, exerce como profesor no instituto local IES Nº1. É veciño da parroquia de Loimil. Na lexislatura 2007-2011 desempeñou funcións de tenente alcalde e concelleiro de Medioambiente, na actual lexislatura é Concelleiro do grupo socialista municipal.
S1. Marina Gómez Rendo, natural da parroquia de Agar, vive na vila estradense. Está xubilada.S2. Ildefonso Puente Nodar, Presidente a Agrupación Socialista da Estrada. Carpinteiro xubilado, naceu na parroquia de Guimarei, vive na Estrada.






































