Chega a Semana Santa e con ela unha nova edición das Santas Tapas con cada vez máis hostaleiros ofrecendo as súas dotes culinarias nestas pequenas racións.
Nesta edición terán lugar entre o mércores 1 de abril pola tarde ata o domingo 5. O horario será de 12:00 a 15:00 horas e de 20:00 horas a 23:00 horas. O prezo é de 1,50€ por tapa e este ano participan 23 hostaleiros divididos en 3 rutas.
Para participar nos sorteos dos premios será necesario ter 5 cuños cubertos de cada ruta e para obtar ao premio maior de 650€ haberá que ter feito o recorrido completo dos 23 locais.
O ano pasado tivo éxito o de enviar unha foto de grupo facendo a ruta das Santas Tapas polo que este ano non ía ser menos, o grupo ten que estar formado por un mínimo de 5 persoas e enviar a foto a info@acoe.es, publicarase no facebook da ACOE, a foto máis votada terá de premio unha caixa de Sidra Ribela e a visita ao lagar.
Ademais como novidade, este ano vaise facer unha ruta de minicócteles, tamén se cuñaran aínda que non entraran en valoración de puntuación, pero pediremos que nos digan cal lles gustou máis. O prezo do minicóctel é de 2,50€.
Os que cuñen os 9 cócteles, poderán optar a un premio.
Amenizará a ruta un ano máis o grupo “RETROUSO DE OUZANDE”
Os premios son os seguintes:
AGASALLOS SANTAS TAPAS
- UNHA TABLET DE 7″- CONNECTA REY
- 5 REGALOS DE TIKO DOCO
- UN TELÉFONO MÓVIL – EDELEC
- 2 CAMISETAS PEPE JEANS- THEBES
- TARXETA REGALO DA A.C.O.E. POR 50€
- UNHA NOITE NUNHA CASA RURAL- MAR DE COMPOSTELA CON AGASALLO DOADO POR EL RINCÓN DE KATIXÚ.
- EL PESO DA PERSOA EN CERVEZA ESTRELLA GALICIA
- ESTUCHE DUNHA BOTELLA DE RON ZAFRA ENVEJECIDO DE 21 ANOS CON DOUS VASOS +KIT MOJITO+ CÓCTELERA+ GINEBRA VOORTREKKER CON COPA E TÓNICA.
- UNHA COMIDA OU CEA PARA 6 PERSOAS NO PAZO DE XERLIS- SALA GRADÍN.
- UNHA XORNADA DE ENOTURISMO PARA DUAS PERSOAS: VISITA A BODEGA Y FINCA REBOREDA Y VISITA A FINCA Y BODEGA MORGADIO, CON CATA E COMIDA (DESPRAZAMENTO A OURENSE POR CONTA DO PREMIADO)
- UNHA CAIXA DE SIDRA RIBELA E VISITA O LAGAR.- PARA A FOTO DE GRUPO
- CINE -PRESENTANDO UNHA PAPELETA QUE LEVE UN CUÑO A 2ª ENTRADA GRATIS.
AGASALLO CÓCTELES
- ESTUCHE DUNHA BOTELLA DE RON ZAFRA ENVEJECIDO DE 21 ANOS CON DOUS VASOS +KIT MOJITO+ CÓCTELERA+ GINEBRA VOORTREKKER CON COPA E TÓNICA.






































