O PSOE denuncia o talante electoralista das inauguracións, como esta última da AXEGA que non comezará a funcionar antes do 2016 como moi pronto, mentras os empresarios estradenses continúan sen cobrar o material suministrado.
Xosé Antonio Dono consideras electoralistas como tantas «outras inauguracións realizadas nos últimos tempos de obras sen rematar e que continúan pechadas e sen servizo».
O portavoz socialista tacha as promesas do alcalde como «re-promesas, porque xa son de 4 anos atrás». Como por exemplo que «Lagartóns ía ser o IKEA galego» e «o que hai é un novo IBI de solo urbano industrial»; «a autovía de Santiago ía estar en funcionamento no 2013» e «non está, nin se espera»; e «a circunvalación se ía mover de xeito inmediato para poñela en funcionamento» e «agora esta variante anunciase para o segundo semestre de 2015, despois das eleccións municipais». Segundo o partido socialista está licitación non é posible ao deixar caducar o goberno local todos os informes feitos no seu día para poder obtar á licitación.
Por outra banda, Dono trasládalle ao alcalde a petición xa realizada dende o centro de saúde da vila para solucionar o problema de estacionamento das ambulancias e de acceso en padiola ou primeiro andar. Na actualidade as ambulancias deben parar en dobre fila para deixar os enfermos en urxencias e trasladar as padiolas a través das escaleiras para acceder as urxencias diurnas situadas no primeiro andar, algo que cree tería fácil solución reservando o espazo de estacionamento diante do centro para ambulancias e realizando unha rampa para o primeiro andar.






































