O encontro tivo lugar na tarde de hoxe entre a Marea Atlántica e Movemento Veciñal Estradense-Móvete para conversar sobre diversos aspectos relacionados co vindeiro proceso electoral.
Tratamos aspectos como:
- A necesidade da creación de espazos abertos á confluencia cidadá máis alá das siglas dos partidos.
- Deseño do escenario electoral e postelectoral dende unha perspectiva que responda á intención compartida de poñer fin á actual situación de alienación cidadá, de xuntar esforzos e ilusión para promover uns Concellos abertos e solidarios, uns Concellos para todxs.
- Principios básicos: Garantir unha vida digna para todas as persoas; Unha economía baseada na xusticia social e na sustentabilidade; Democracia e participación cidadá; Compromiso ético.
- Importancia de manter ambas plataformas abertas, tanto agora como despois das eleccións, dentro das cales os partidos que a as apoien renuncien as siglas.
Ambas candidaturas cidadás deron a coñecer os seus procesos de organización de cara á concurrencia ás elección municipais do 2015 e respeto do cal dixeron que ambos se nutrían da cidadanía.
Dende móvete valoramos dunha maneira moi positiva dita conversa xa que todxs aprendemos cousas interesantes e aportamos ideas para avanzar cara outra forma de facer política: unha que defina a acción institucional como un compromiso de servizo público sobre a base dos desexos compartidos.
Móvete A Estrada






































