O obradoiro de emprego xa está en marcha para formar e traballar en prol de A Estrada

Nesta xornada Xosé López visitou o obradoiro de emprego estradense. Tras visitar as instalacións reuniuse cos alumnos do obradoiro a quen lles pediu “complicidade, implicación e compromiso”, para que ademais de formarse, tratar de sacar adiante tres obras do concello vinculadas ao proxecto de formación.

O alcalde destacou o gran esforzo que supón para a Xunta e o Concello a realización deste obradoiro que valorou en máis de 300.000€ para seis meses de formación. Deste importe 100.000€ serán aportados polo concello en materiais para a realización de tres obras vinculadas ao obradoiro que se realizarán na escola de Ribeira, no pavillón Coto Ferreiro e no parque infantil sito na Avenida de Santiago.

Gravación e redacción: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Emprego e Formación, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta