O pasado domingo 26 de abril, móvete-Movemento Veciñal Estradense, presentamos no emblemático Teatro Principal da Estrada a candidatura coa que concorreremos as vindeiras eleccións municipais de maio de 2015.
Cun lucido e animado patio de butacas, durante aproximadamente unha hora e coa inestimable presentación de Pablo Chichas, visionamos un vídeo no que a nosa cabeza de lista desgranou parte das propostas de móvete para A Estrada e xs integrantes da candidatura foron presentadxs e xuntarónse todxs enriba do escenario, momento que aproveitaron Mar Blanco, Adán Fernández, Lorenzo Chedas e Lara Blanco para dirixirse ao público asistente, deixando claro que este non é un movemento xerárquico nin vertical, senón un grupo de persoas traballando en pos dun obxectivo común no que todxs e cada unha delas son tan importantes coma a que máis. 
Para finalizar Esquíos interpretaron o tema «Móvete», que contara cunha versión que irá incluída no seu próximo disco, e que puso un broche final a un acto áxil e directo que a prensa local non dubida en tildar de diferente, coma diferente ao resto de partidos é móvete.
Móvete A Estrada







































