A candidata á alcaldía por A Estrada PODE, Ofelia Lema Villar, segue a traballar xunto o equipo de candidat@s nun proxecto sólido que empondere á cidadanía e vele por ser garante dos verdadeiros intereses de cada veciño e veciña. A recuperación dos dereitos fundamentáis e de base, segue a ser a arteria principal de acción do colecitivo aepodense, quenes están a difundir por partes o programa co que concurrirán ós comicios do vindeiro maio.
Lema asegura que “estamos a traballar arreo por un proxecto cívico, cidadán, participativo, honesto e transparente”, do que comentou que “prioriza os intereses da cidadanía dende un punto de vista innovador, alonxado da política tradicional rancia, corrupta, oportunista e opaca”. En A Estrada PODE, asegura a cabeza de lista, “rexímonos
por un interese plural da cidadanía e alonxámonos do método obsoleto de facer política representando un modelo que está impulsado pola veciñanza e diríxese á mesma”.
En A Estrada PODE son coñecedores e coñecedoras da dureza de iniciar un proxecto dende a base, e da loita precisa para prantexar a súa verdadeira identidade: a alternativa sólida, efectiva e capaz para mudar a situación na vila estradense. Na xornada de hoxe, Lema Villar amosaba o seu contento de estar a recibir múltiples mensaxes e chamadas de apoio nas que veciños e veciñas de A Estrada transmitíanlle forzas e ánimos para seguir a liderar un proxecto que saben transgresor, íntegro e con posibilidades. A alcaldable por A Estrada PODE dixo estar “completamente inmersa e involucrada desta candidatura e traballando arreo cun equipo incríble de xente involucrada e preocupada pola restauración da titularidade do mando de gobernó ós veciños e veciñas da vila.
Bandeirolas
En A Estrada PODE apostamos por unha campaña de cercanía á xente; por un proceso de escoita activa e de encontros baseados na mesma que permitan a configuración de iniciativas e proxectos axeitados cos que prantexar solucións viables ás inquedanzas da cidadanía.
Por iso, dende a nosa formación ofertamos o espazo que nos corresponde de colocación de bandeirolas nas farolas a favor de calquera partido pro-cidadán que se manifeste avalista dos dereitos da cidadanía e se alonxe da política de casta. Cedemos a totalidade dos espazos dos que disponemos nas farolas das rúas de A Estrada a todo aquel partido que sexa unha alternativa política ós xa manidos sistemas políticos gobernante e se manifeste en contra das políticas dos recortes e a austeridade.
A Estrada Pode






































