150 xinetes chegarán hoxe a Sabucedo finalizando a ruta dende A Lanzada

IMG-20150501-WA0049

01 constenlaSobre ás 20:30 horas de hoxe chegarán a Sabucedo os 150 xinetes participantes na III Edición da Ruta A Lanzada – Sabucedo tras recorrer 200 kilómetros.

Onte ás 9:30 horas partían de A Lanzada os 150 inscritos procedentes de diversos puntos de Galicia como Laracha, Coruña, Corcubión, Cerdedo, Porriño, Ourense, A Estrada e mesmo de fora de Galicia como de Madrid, entre outras localidades.

Deixámosvos a presentación da ruta que realizaron nos pasados días Juan Constenla, edil de Cultura, acompañado de membros da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, organizadores da ruta.

IMG-20150501-WA0052Nesta ocasión, igual que nas anteriores, volveron quedarse fora interesados en participar na ruta ante a falta de aforo na Praza de Toros de Pontevedra para máis cabalos, lugar onde pasaron a pasada noite.

Fotografías da Ruta cedidas polo Departamento de Cultura e Cabaleiros de Riobó

Esta entrada fue publicada en Asociacións, Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta