Mañá arranca a ruta das tapas de salmón, na que participarán 21 locais hostaleiros repartidos por grupos durante os días 8, 9, 10, 15 e 16
O concelleiro de Cultura, Juan Constenla, augura «dúas fins de semana coa vila ateigada de xente» grazas ás múltiples e diversas actividades, que mesturan deporte, cultura, folclore, gastronomía, música e comercio
Os coutos salmoeiros do municipio acollen esta fin de semana o 39ª Concurso Internacional de Pesca do Salmón
O Concello da Estrada acollerá dende mañá ata o domingo 17 de maio, día principal da XLII Festa do Salmón, máis dunha trintena de actividades pertencentes a ámbitos como o deporte, a cultura, o folclore, a gastronomía, a música e o comercio.
O concelleiro de Cultura, Juan Constenla, augura «dúas fins de semana consecutivas coa vila ateigada de xente» grazas á cantidade e diversidade de actividades programadas. Ao respecto, salienta que mañá venres comeza a primera xornada da ruta de degustación de tapas de salmón, na que participarán un total de 21 locais repartidos por grupos durante os días 8, 9, 10, 15 e 16.
Departamento de Cultura









































