O mitin central, que terá lugar o sábado ás 21.00 horas no anexo ao pavillón Coto Ferreiro, contará coa participación de Ana Pastor e Rafael Louzán
O candidato popular manterá o xoves (20.00 horas) un encontro con empresarios e comerciantes e o sábado (12.00 horas) con deportistas e clubes
O candidato do Partido Popular, José López Campos, protagonizará esta semana unha quincena de mitins e actos electorais, entre os que destaca o mitin central na Estrada, que terá lugar o sábado 16 ás 21.00 horas no anexo ao pavillón Coto Ferreiro e que contará coa participación da ministra de Fomento, Ana Pastor, e do presidente provincial do PP e presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán.
O calendario de mitins no rural comezou onte no local social de Ribeira (20.00 horas) e continuou no local social de Arnois (21.30 horas). Hoxe, José López ofrecerá mitins na escola de Ribela (20.00 horas) e na escola de Arca (21.30 horas) e o mércores, na escola de Cereixo (20.00 horas) e no local social de Lagartóns (21.30 horas). O xoves 14 manterá
un encontro con empresarios e comerciantes ás 20.00 horas na sede da Asociación Comarcal de Empresarios (ACE) e, posteriormente, ofrecerá un mitin na escola da Somoza (21.30 horas).
Na xornada do venres, José López ofrecerá un mitin na escola de Vinseiro (20.00 horas) e na carballeira da Sagrada en Codeseda (21.30 horas). O sábado, ademais do mitin central ás 21.00 horas, pola mañá ás 12.00 horas manterá un encontro con deportistas e clubs deportivos no parque exterior anexo ao novo estadio de fútbol.
Xa na xornada do domingo, ademais de asistir aos actos oficiais da Festa do Salmón, pola tarde ofrecerá tres mitins: na escola de Nigoi (18.30 horas), na escola de Parada (20.00 horas) e no local social de Tabeirós (21.30 horas).
PP de A Estrada






































